Club Remo Chapela

club de remo galego
(Redirección desde «Club de Remo Chapela»)

O Club de Remo Chapela é un club de remo da parroquia de Chapela, no concello pontevedrés de Redondela. Actualmente compite na Liga Noroeste de Traiñeiras. A súa traiñeira recibe o nome de Arealonga.

Club Remo Chapela

Tipoclub de remo Editar o valor en Wikidata
Deporteremo Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación1984 Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 42°15′59″N 8°40′32″O / 42.2662919, -8.67546
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Pontevedra
ConcelloRedondela Editar o valor en Wikidata
Código postal36320 Editar o valor en Wikidata
EnderezoCamiño Laredo Abaixo, 24 Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBcrchapela.com Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: ClubderemoChapela Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]
Praia de Arealonga, en Chapela, Redondela, lugar de adestramento do CR Chapela e sede da Bandeira Concello de Redondela.

Historia

editar

Non se coñece con exactitude a data de fundación do club. Porén, a primeira participación coñecida do equipo redondelán remóntase ao ano 1933, durante a II República, cando participou nunha regata organizada polo Club Marítimo de Vigo baixo o nome de Club San Fausto de Chapela. No ano 2007, mentres competía no trofeo da Bandeira Teresa Herrera, disputada nas augas entre a Praia do Orzán e a Praia de Riazor, na Coruña, a embarcación de Chapela foi esnaquizada polas ondas por mor do mal tempo, co resultado de 5 remeiros feridos.[1] Asemade, o club organiza nas augas de Chapela, nas proximidades da praia de Arealonga a Bandeira Concello de Redondela.[2] Actualmente participa na Liga Noroeste de Traiñeiras e participou en varias ocasións na Bandeira da Concha.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar