Praia de Arealonga, Redondela
areal en Chapela, Redondela
A praia de Arealonga é un pequeno areal situado na parroquia redondelá de Chapela. É un dos sete areais do concello. Algúns dos outros son Cesantes, Cabanas e Rande. A area é fina e dourada e a ocupación é alta por se atopar no casco urbano da vila.