Club de Remo Coruxo
O Club de Remo Coruxo é unha entidade deportiva da parroquia de Coruxo (Vigo) adicada á práctica do remo. A entidade foi fundada en 1989 e actualmente compite na División A da Liga Galega de Traiñeiras (LGT).
Club de Remo Coruxo | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | club de remo ![]() | |||
Deporte | remo ![]() | |||
Data | ||||
Fundación | 1989 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | Vigo | |||
Parroquia | Coruxo ![]() | |||
Código postal | 36390 ![]() | |||
Enderezo | Carretera Cánido, s/n. Finca Mirambell ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | clubderemocoruxo.es.tl ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |

Historia
editarO Club de Remo Coruxo fundouse en 1989 como sección do Centro Cultural Recreativo Artístico de Coruxo nunha nave cedida por Guillermo Rey no porto de Canido, iniciando a súa actividade cun grupo de mozos da zona.
Posteriormente trasladou a súa sede a unha nave na Finca Mirambel, onde a instalación foi acondicionada para albergar o ximnasio, os vestiarios, un foxo de remo; e para gardar as embarcacións.
Nas últimas tempadas o club clasificouse en moitas ocasións para a disputa de diversos campionatos tanto a nivel nacional como estatal, acadando resultados importantes tanto en banco fixo como móbil, especialmente neste último co subcampionato de España cadete en 2002.
A traiñeira do club ten participado en tódalas edicións da Liga Galega de Traiñeiras, sendo o seu mellor resultado o 1º posto acadado na tempada 2014.
Frota
editarActualmente conta con: dúas traiñeiras Fontaíña, dúas traiñeiriñas A Calzoa; e os bateis: Foz, Fuchiño, "Baularte", "O Vao" e Coruxo.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Información do club na web da LGT