Club de Remo A Cabana

club de remo galego

O Club de Remo A Cabana é un club de remo da Cabana (Ferrol). Compite na Liga Galega de Traiñeiras.

Club de Remo A Cabana
Tipoclub de remo
Deporteremo
Data de fundación1982
Localización
EnderezoLug. A Cabana, s/n
EnFerrol
PaísGalicia
43°29′11″N 8°15′34″O / 43.486286111111, -8.2595761111111
Na rede
Facebook: Club-de-remo-A-Cabana-Ferrol-299638556723479 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
A Cabana na Bandeira Teresa Herrera 2012.

Historia

editar

A paixón polo remo na Cabana naceu dun grupo de amigos que adoitaban organizar regatas nas coñecidas bucetas. Pouco a pouco esta paixón foi medrando e remeiros da Cabana comezaron a desprazarse a Redes e Mugardos para poder practicar o remo con verdadeiras embarcacións de competición. Finalmente, en 1982 fundouse a agrupación co nome de Club de Remo La Cabana, coa axuda dos clubs de Redes e Mugardos e baixo a presidencia nos seus primeiros anos de Antonio Bruquetas Sierra.

Os anos 1983, 1984 e 1985 foron moi importantes para o club, xa que se fixo o primeiro batel preparado para competir, o Albatros, e mercou a súa primeira traiñeira, de segunda man ao C.R. Cabo da Cruz, á que chamaron Eiroa, tamén nestes anos o club trasladouse a un novo local coincidindo co inicio da actividade en banco móbil. A década de 1990 estivo marcada polo troco de presidente, pasando a presidir a entidade Fernando Arias López.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar