Benvido(a) á Galipedia, Finesfacil!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Paradanta (Cóntame) 20 de novembro de 2013 ás 08:28 (UTC)

RE:ApadriñamentoEditar

Bo día Finesfacil, vin a túa mensaxe na taberna fai tempo e como vexo que ninguén se animou a responderche pois preséntome eu coma voluntario. Iso si, eu tampouco teño uns coñecementos perfectos sobre o galego e ó mellor tampouco podo responder a algunhas cuestións gramaticais xa que non controlo moito o tema, pero dentro dos meus coñecementos axudareiche no que poida.

Eu o que che propoño, se che parece ben, é que fagas un artigo en galego dun tema do teu país e que non teñamos na Galipedia. Ponlle o marcador Modelo:En uso e así os outros usuarios deixarán que traballes nel tranquilamente. Aínda que queiras facer un artigo grande comeza ós poucos, primeiro un parágrafo ou dous, fai a tradución e revísaa todo o que poidas, e cando a teñas lista avísame para que a revise e che comente as cousas que atope, que me dis?.

Para traballar niso unhas ferramentas que che poden ser moi útiles son o revisor ortográfico da Galipedia e o corrector da UVIGO. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de xaneiro de 2014 ás 12:15 (UTC)

Eu tamén me ofrezo para che botar unha man no que poida. Servando2 (Dime) 6 de xaneiro de 2014 ás 02:02 (UTC)
  • Avísame (ou avisádeme) para o que teñades de vez en cando con máis complicación. Ou para algo puntual e breve, pero non podo estar moito seguido. Por outra banda, o texto no que pides axuda será automatizado, pero non lle vin erro ningún respecto ás NOMIG. Xa chegará a que falemos diso, pero aínda así tes que buscar o teu propio estilo. Eu agora ós demais corríxolles gramática e só un pouco o estilo para que aparente algo de naturalidade. ※ Sobreira ►〓 parlez 17 de xaneiro de 2014 ás 12:04 (UTC)

RE:Xa estou aquíEditar

Xa revisei os artigos, primeiro un par de notas. Cando traballes un artigo, se vas a editalo durante varios días o mellor é que lle poñas o marcador {{Enuso}} para evitar que outros usuarios o modifiquen mentras estás traballando nel. A outra cousa é que se traduces texto de artigos doutras wikis, a castelá ou a sueca, tes que indicalo para que se cumpla a súa licenza. Na Galipedia podes facer isto de dúas formas, indicándoo no resumo de edición poñendo algo do estilo "tradución do artigo de es.wiki/sw.wiki" ou poñendo o modelo {{Traducido de}} na conversa do artigo. Neses dous artigos como non o indicache no resumo de edición tes que facelo agora poñendo na páxina da conversa o modelo "Traducido de" coa información do artigo. Podes ver un exemplo en Conversa:Criminal Minds.

Pois imos ó miolo :) No artigo Acanthops parafalcata non fixen ningunha corrección, tan só unhas edicións de formato, pero debes tomar nota para axeitar os artigos ó estilo da Galipedia. No artigo da Ciutadella de Menorca podes ver nesta ligazón algúns dos cambios que tiven que facer. Algúns só son arranxiños para amañar as ligazóns internas, non son problemas ortográficos, outras das cousas que amañei detectoumas o corrector que che indicara. Nas seguites edicións que podes ver no historial fixen outros cambios de redacción e algúns detalles máis que atopei. Moi bo traballo, realmente non había moitos problemas, si había cousas que amañar pero pouco a pouco iranse solucionando :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xaneiro de 2014 ás 16:06 (UTC)

Ah, e se tes dúbidas con calquera dos cambios avísame e tento explicarcho, que ó mellor tamén me trabuquei eu! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xaneiro de 2014 ás 21:03 (UTC)

Evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimosEditar

Ola Finesfacil. É mellor evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos. Se queres, podes axudarte da ferramenta de detección da Galipedia, activándoa en:

  PreferenciasTrebellosNavegación  Homónimos: Activar o detector de homónimos   (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).

Tes máis información en: Wikiproxecto mantemento#Ligazóns a páxinas de homónimos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 25 de xaneiro de 2014 ás 11:53 (UTC)

Recoñecemento cando se traduce doutra WikipediaEditar

Ola Finesfacil.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento.

Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 26 de xaneiro de 2014 ás 10:33 (UTC)

Boas, Finesfacil, vin o teu artigo da Colias nastes e fáltalle indicar a procedencia da tradución, que supoño que é a wiki en castelán. Como non o puxeches no resumo de edición agora debes poñelo na páxina de conversa co modelo {{Traducido de}}. Bo traballo e a seguir. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de setembro de 2014 ás 01:09 (UTC)

Ciutadella (e a outra)Editar

Xa lle botei un ollo. Non me parei en absolutamente todo, pero estaba bastante ben. Cambiei algunhas cousiñas, a maioría de estilo máis que de incorrección, así que xa está. ※ Sobreira ►〓 parlez 2 de febreiro de 2014 ás 21:47 (UTC)