Benvido(a) á Galipedia, Jorjum!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 11:25, 30 de marzo de 2011 (UTC)

Benvida editar

Boas!. Espero verte moito por aquí porque necesitamos xente a barrer!! :). Xa che avisarei cando teña algo do Antonio Cóleman e se precisas algo non dubides en avisarme. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:53, 13 de decembro de 2011 (UTC)

Formato da Galipedia editar

Moi boas, Jorjum. Bótalle un ollo a isto para que lle collas o truco ao formato propio de gl.wiki. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 09:37, 13 de decembro de 2011 (UTC)

Benvido editar

Ei, Jorjum. Xa vexo que te puxeches a crear artigos na Galipedia, e non sabes qué alegría me das. A ver se lle colles gusto ó tema en galego e nos obsequias con moitos datos interesantes, igual que o fas en castelán. Benvido de novo. JonnyJonny 19:35, 13 de decembro de 2011 (UTC)

Colemán editar

Xa está listo o artigo, se tes un momento vótalle un vistazo a ver o que se pode ampliar e se hai algunha cousa mal. Graciñas e un saúdo, --Elisardojm (conversa) 09:30, 14 de decembro de 2011 (UTC)

Rallys editar

Ola, Jorjum! Non teñas medo de te trabucar, que ninguén naceu aprendido, e a tod@s nos botaron unha man nos nosos comezos. Anímote a seguires creando artigos e corrixindo os existentes, e seguro que dentro dun par de meses xa andas ti axudando á xente nova ;) E se tes dúbidas concretas, pregunta sen medo a calquera usuari@ ou administrador, ok? Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:06, 15 de decembro de 2011 (UTC)

Ola, Jorjum! Procuramos non ter redireccións con faltas de ortografía, e é por isto polo que borrei Victor Senra (Víctor Senra), e polo que onte outro compañeiro borrou Jose Manuel Martinez Barreiro (José Manuel Martínez Barreiro), dado que estes nomes están mal acentuados. Procura ter coidado con esas cousas, pois varios dos cambios que fixen nos artigos que creaches teñen que ver coas tiles (Rias Baixas -> Rías Baixas, por exemplo). Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:13, 16 de decembro de 2011 (UTC)
Ola Jorjum; entendo o teu punto de vista, pero hai tempo a comunidade tomou a decisión de non utilizar redireccións con nomes incorrectos. As redireccións funcionan cando hai varios nomes para un mesmo artigo (por exemplo, EUA redirixe a Estados Unidos de América), pero non é correcto dar por válidos os nomes con faltas de ortografía. Isto ten varias finalidades: así, se por exemplo alguén escribe "Victor Senra", aparece unha mensaxe dicindo que non existe artigo algún con ese nome, pero abaixo aparece en azul "Víctor Senra", e a persoa en cuestión aprende que Víctor leva til. A wikipedia non só debe achegar contidos, senón que debe axudar a aprender aspectos xerais (por exemplo, que o correcto non é 'Kms.', senón 'km', e outros casos similares). No caso de que alguén crease o artigo 'Victor Senra' existindo xa 'Víctor Senra', explicaríanselle os motivos do borrado (a min pasoume ao principio).
Non tomes a mal estas cousas, eh? Simplemente é que debemos coidar entre tod@s que se siga o Libro de estilo. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 14:20, 16 de decembro de 2011 (UTC)

bloqueo na es:wiki editar

Ola, Jorjum! Polo que vexo, non tes bloqueada a conta de usuario, podes seguir editando como tal. Cal é o teu número de IP? Aquí podes ver a lista de bloqueos; fala coa persoa que te bloqueou, pregúntalle o motivo, e explícalle o caso. Xa me contarás. Sorte, e saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:59, 4 de xaneiro de 2012 (UTC)

Non, que non me deixa nin editar a miña paxina de discusión. Cuando dou a editar pon:
  • (...)Tu dirección IP actual es 80.24.253.71, y el identificador del bloqueo es #354116. Como aviso a quen me bloqueou se non me deixan!! Buff!!! --Jorjum 18:03, 4 de xaneiro de 2012 (UTC)
Tres dias de bloqueo, ala!!! vacaciones forzadas.... --Jorjum 18:05, 4 de xaneiro de 2012 (UTC)
A ver, tres cousas: a primeira é importante: para que eu saiba que me contestes, debes escribir na miña páxina de usuario, non na túa propia, ok? ;)
A segunda: probaches a editar como Jorjum e non como IP anónima? Tampouco che deixa?
A solución que se me ocorre é que lle pidas explicacións a quen te bloqueou, o Usuario:Nixón, editando desde a túa conta en galego.
Xa me contarás como vai o choio; Falamos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18:10, 4 de xaneiro de 2012 (UTC)
Fixeches ti as edicións vandálicas en Taringa desde a túa IP?? --Estevo(aei)pa o que queiras... 18:12, 4 de xaneiro de 2012 (UTC)
O que vin foi que a ip 80.24.253.71 fixo unhas edicións vandálicas no artigo da wikipedia en castelán Taringa como che di Estevo. Vin que esa IP tamén fixo algunhas edicións en outros artigos, algúns de carreiras e pilotos dos que editas ti normalmente, así que o tes que facer é tentar entrar co teu usuario xa que esa dirección IP é a que está bloqueada. Eu non controlo de bloqueos e esas cousas pero se non podes entrar co teu usuario eu podo falar con alguén alí para ver como amañar a historia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:44, 5 de xaneiro de 2012 (UTC)

Amañouse o do bloqueo na wiki castelá?. Se non se amañou podo preguntar a algún biblio que coñezo alí a ver se te pode axudar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:01, 11 de xaneiro de 2012 (UTC)

Escudaría/ería editar

Respondinche en [1]. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23:11, 11 de xaneiro de 2012 (UTC)

RE:Artigos de pilotos galegos editar

Si, xa vin que estiveches facendo cambios estes días, eu teño que darlle un repaso ó de Antonio Colemán que necesita un pouco de pintura :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:13, 22 de marzo de 2012 (UTC)

Traballando editar

Ola, Jorjum. Tes o artigo Escudería Compostela co marcador de traballando dende xaneiro deste ano. Cómpre darlle unha saída, que é rematalo ou quitarlle o marcador e deixalo axeitado. Ti decides. --Atobar (conversa comigo) 10:51, 5 de agosto de 2012 (UTC)

rallys editar

Ola, Jorjum!

Fixen unhas modificacións no artigo Campionato de Galicia de Rally, poñendo un cadro e as probas da competición deste ano. Unha cousa: sería interesante pór no artigo Tempada 2013 do Campionato de Galicia de Rally unha explicación de como funciona a puntuación.

Se me cadra ben, irei mirar o Rally Ría de Noia e procurarei tirar fotos; xa che consultarei á hora de subilas.

Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12 de abril de 2013 ás 03:33 (UTC)Responder

Rally Cidade de Narón editar

Estou a facer a modificación do teu artigo do ano 2013, non vaia a ser que fagamos o mesmo. Saúdos--Harpagornis (Talk) 10 de xuño de 2014 ás 01:45 (UTC)Responder

Rally Sur do Condado editar

Para non facer o mesma labor, vou me poñer eu con este artigo, tanto en castelán como en galego. Saúdos --Harpagornis (Talk) 14 de xullo de 2014 ás 22:16 (UTC)Responder

Celso Míguez editar

Ola, Jorjum! Como vai?

Como sei que che gustan os artigos de automobilismo, quería suxerirte que fixeses o artigo sobre o piloto Celso Míguez. Hai info en en:Celso Míguez (artigo ben completo de resultados) e es:Celso Míguez (máis trapalleiro, desfasado e creo que coa data de nacemento está errada), amais doutras wikis. Heillo propoñer tamén ao usuario:Fendetestas.

Bótasete de menos por aquí, que aínda non temos o artigo sobre a Tempada 2016 do Campionato de Galicia de Rally!! :)

Unha aperta! --Estevo(aei)pa o que queiras... 5 de maio de 2016 ás 18:51 (UTC)Responder

Automobilismo editar

Boas Jorjum:

Non se se sabes de alguén máis que edite neste tipo de artigos, pero debido a que moitos deles están desactualizados, que me parece peor aínda que a súa inexistencia, estaba a pensar se che parece que esteamos en contacto por vía mail, ou o que che pareza máis cómodo para tentar traballar neles, e dar uso a fotografías coas que estou a cubrir algúns rallyes da zona.

Saúdos, --Harpagornis (Talk) 5 de xuño de 2016 ás 21:16 (UTC)Responder

imaxes de automobilismo editar

Ola, Jorjum! Como vai?

Grazas por axudar coas imaxes do Rally de Ourense. En relación con iso, podes botarlle un ollo ás imaxes que subiu o Usuario:Icaro106? Son estas. Mil grazas! Un saúdo :) --Estevo(aei)fálame aquí 10 de febreiro de 2023 ás 07:08 (UTC)Responder