Jessie Burton

escritora británica

Jessica Kathryn Burton, nada o 17 de agosto de 1982,[1] é unha escritora e actriz inglesa. En 2021 tiña publicadas tres novelas, The Miniaturist, The Muse, e The Confession, e un libro de literatura infantil, The Restless Girls.

Infotaula de personaJessie Burton

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de agosto de 1982 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaForest Hill (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónCentral School of Speech and Drama
Lady Margaret School (en) Traducir
Brasenose College, Oxford (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura e teatro Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , actriz de teatro Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNovela histórica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Páxina webjessieburton.co.uk Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm7422279 Editar o valor em Wikidata

As súas novelas foron consideradas best-séllers polo Sunday Times e acadaron o número un dos best-séllers do xornal New York Times e Radio 4's Books at Bedtime. En conxunto foron publicadas en case 40 linguas.[2] As súas historias curtas publicáronse en Harpers Baazar US e Stylist.[3]

Non só escribe ficción, os seus ensaios foron publicados en The Wall Street Journal, The Independent, Vogue, Elle, Red, Grazia, Lonely Planet Traveller' e The Spectator.[3]

Traxectoria editar

Estudou en Lady Margaret School,[4] Brasenose College, Oxford, e o Central School of Speech and Drama.[5]

O seu traballo en teatro inclúe The Hour We Knew Nothing of Each Other no National Theatre, Londres en 2008.[6][7] Alén de traballar como escritora e actriz, traballou como asistente persoal en Londres.[1]

A súa primeira novela The Miniaturist de 2014 está ambientada en Ámsterdam no século XVII. Está inspirada na casa de bonecas de Petronella Oortman albergada no Rijksmuseum, malia que non pretende ser unha novela biográfica.[8] Tardou catro anos en rematala. Vendeu máis dun millón de copias no ano en que se editou[2] e foi obxecto dunha guerra de licitación na Feira do Libro de Londres de abril de 2013. [9] Adaptouse como miniserie de dúas partes para a BBC e PBS Masterpiece en 2017.[2]

A segunda novela de Burton, The Muse, foi publicada en 2016 e está ambientada nun duplo período de tempo, durante a Guerra civil española e 30 anos máis tarde en 1960 en Londres.[10] Foi nomeada para os Books Are My Bag Readers' Awards.[11]

A primeira novela de Burton para nenos, The Restless Girls, foi publicada en setembro de 2018.[12] A historia está baseada no conto dos irmáns Grimm, As doce princesas bailarinas, pero enfocada dende un punto de vista feminista.[13]

A súa terceira novela para adultos, The Confession, foi publicada en 2019.[14][15] Medusa, o seu segundo libro para nenos, tiña prevista a súa publicación en 2021.

Recoñecemento editar

Obra editar

  • The Miniaturist, 2014
  • The Muse, 2016
  • The Restless Girls, 2018
  • The Confession, 2019

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Interior da contraportada da edición en rústica de Picador de 2015 de The Miniaturist
  2. 2,0 2,1 2,2 Anita Sethi (8 de setembro de 2020). "Home is where the heart is: Anita Sethi on Jessie Burton’s books". Pan MacMillan. Consultado o 8 de setembro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "Jessie Burton". Jessie Burton. Consultado o 9 de febreiro de 2018. 
  4. "Jessie Burton: ‘Success can be as fracturing to your self as failure’". 26 de xuño de 2016. Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  5. "Best-seller has been a life-changer for Jessie Burton". 28 de marzo de 2015. Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  6. "The Hour We Knew Nothing of Each Other". nationaltheatre.org.uk (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2008. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 "Jessie Burton". lecturalia.com (en castelán). Consultado o 8 de setembro de 2021. 
  8. "Jessie Burton on the dollhouse that inspired her novel". 29 de agosto de 2014. Consultado o 29 de xaneiro de 2015. 
  9. 9,0 9,1 "Jessie Burton: I never thought of The Miniaturist as ambitious". 2 de decembro de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2014. 
  10. "The Muse by Jessie Burton review – a solid follow-up to The Miniaturist". The Guardian. 25 de xuño de 2016. Consultado o 29 de xuño de 2016. 
  11. "Inaugural Books are My Bag Award Winners Announced". Consultado o 6 de novembro de 2017. 
  12. "The Restless Girls". Consultado o 5 de outubro de 2018. 
  13. Develey, Alice (22 de agosto de 2019). "Des livres jeunesse à dévorer avant la rentrée des classes". lefigaro.fr (en francés). Consultado o 8 de setembro de 2021. 
  14. "The Confession by Jessie Burton review – an understated triumph". 21 de setembro de 2019. Consultado o 3 de xaneiro de 2020. 
  15. "Jessie Burton’s The Confession is, frankly, a bit heavy-handed". 5 de outubro de 2019. Consultado o 3 de xaneiro de 2020. 
  16. "Miniaturist novel named Waterstones book of 2014". 1 de decembro de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2014. 
  17. "Jessie Burton's The Miniaturist voted Specsavers Book of the Year". 22 de decembro de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar