Conversa Wikipedia:Wikiproxecto Matemáticas

Último comentário: hai 11 días de Estevoaei no tópico páxina descolocado en relación a outros idiomas

Benvida editar

Se estás lendo isto seguramente sexas un usuario interesado na temática do proxecto. Consideraches anotarte? Fixéralo ou non, as túas opinións son benvidas nesta conversa. Petillés (conversa) 13 de decembro de 2017 ás 13:45 (UTC)Responder

@Petillés
Boas, metín varias páxinas desas que aparecen na lista das 1000, vou ver como fago para poñelas como feitas.
De momento vou facendo segundo teño ganas, a ver canto dura.
Un problema que atopei e que estou tentando solventar son os dos modelos, metín moitos, sobre todo formatos e algunha función. Agora hai dúas categorías creadas de modelos.
Un saúdo.
Andresv.63 (conversa) 27 de marzo de 2024 ás 11:02 (UTC)Responder
@Jglamela
Boas, vexo que fuches o último en editar na páxina das 1000 faltantes.
Se hai algo que debería facer dalgún xeito concreto, era por saber, nada máis
Un saúdo
Andresv.63 (conversa) 27 de marzo de 2024 ás 11:55 (UTC)Responder

Categorías e modelos de matemática editar

@Andresv.63:

Prosigo aquí o fío de conversa, que en "Wikipedia:A Taberna (axuda)#Categorías de modelos" xa está un chisco enguedellado, por non seguir a orde cronolóxica.

Categoría:Teoría da orde   Feito!.

Ti podes facer categorías e podes facer calquera cousa na Wiki (agás eliminar artigos e bloquear usuarios, iso está limitado aos administradores).

Cando fagas unha categoría, modelo, artigo... novo, é moi importante ligalo cos equivalentes noutras linguas. Para iso tes que procurar o tema en Wikidata, polo seu nome en inglés, por exemplo, e chantarlle a ligazón á páxina da Wikipedia en galego, así: [1]

O mellor cando se trae un "template:" (chámanse así en en.wiki) a "modelo:" (na glwiki) é poñerlle o mesmo nome. O contrario pode provocar moitos problemas a medio/longo prazo. Imaxina milleiros de modelos con nomes diversos en wikipedia en 300 linguas distintas. Un sindiós.

Os nomes teñen que ser simples, porén teñen que ser suficientemente descritivos, "Modelo:Imaxe" é demasiado simple, pode haber ducias de modelos relativos ás imaxes.

Con todo, pódense facer, e débense facer, redireccións dende outros nomes, cousa tamén coñecida como "alias", por compatibilidade, por utilidade... é unha práctica común. Co tempo, modelos empregados noutras wikis foron mudando de nome, os nomes vellos seguen presentes nos artigos. No futuro, se traducimos algún deses artigos á gl.wiki, os modelos van levar nomes diversos. As redireccións farán posible que todo funcione sen volvernos tolos comprobando modelo por modelo. . HombreDHojalata.conversa 6 de abril de 2024 ás 14:07 (UTC)Responder

Modelos editar

@HombreDeHojalata

De acordo con todo o que comentaches, agora só fai falta aclarar o de "valor absoluto" porque desapareceu "abs". Acho que hai que deixar "abs" como principal e eliminar "valor absoluto" ou en todo caso poñela como redirección a "abs"

Andresv.63 (conversa) 6 de abril de 2024 ás 10:56 (UTC).Responder

@Andresv.63: Non entendo.
Temos o Modelo:Abs (traído por Banjo no ano 2020) e o modelo Modelo:Absolute value (este último co alias Modelo:Mabs). --. HombreDHojalata.conversa 6 de abril de 2024 ás 14:07 (UTC)Responder
@HombreDHojalata
Vale, tiña lío eu. De todas as formas agora que me aclarei, acho q tamén sobran cousas.
Temos agora 3 abs iguais: Mabs, Abs e Absolute Value.
E 2 usos practicamente iguais: Mabs/uso e Abs/uso.
Eu dicía deixar como principal Abs e Abs/uso, Mabs que redireccione a Abs e eliminar Absolute value e Absolute Value/uso.
E se deixamos Absolute value entón redireccionar de Absolute Value a Abs, pero nunca rediriccionar de Mabs a Absolute Value porque daquela parece Absolute Value a principal cando a principal debe ser Abs ou Mabs.
Andresv.63 (conversa) 6 de abril de 2024 ás 18:54 (UTC)Responder

Ola @Andresv.63:.

Este modelo témolo asociado con d:Q6503745, e por tanto coa es:Plantilla:Abs da Wikipedia en castelán, pero ten o contido do en:Template:Absolute value da Wikipedia en inglés.
Iso está mal. Ou lle poñemos un contido como o da Wikipedia en castelán ou o convertemos en alias (redirección) de en:Template:Absolute value. --. HombreDHojalata.conversa 7 de abril de 2024 ás 09:23 (UTC)Responder
Ola @HombreDHojalata, sigo tentando clarificar este tema e acho que van saíndo cousas, pensei que tiña unha solución mais había puntos conflitivos, así que che comento o que vin e pensei e a ver se decidimos entre os dous.
  1. A páxina inglesa de template está movida de "abs" a "absolute value" só desde hai un ano. O usuario que a moveu non lle vin feitas ningunha páxina de matemáticas. Ese template só está en 17 idiomas, porén o modelo francés "abs" está en 37 idiomas. Coidado! fai algo diferente, o francés fai a función e o inglés só pon formato. O curioso é que non vin a función en inglés e en contrapartida non vin o formato en francés.
  2. Vin máis idiomas. Os de tipo francés (37) porqué non teñen formato? porque escriben directamente as barras. Os de tipo inglés (17) porqué non teñen a función? non o sei, a verdade é que eu non sei para que serven as funcións na wikipedia, eu só quere escribir cousas, non facer cálculos. Non sei en que tipos de páxina se usan as funcións. Eu os modelos de funcións que metín (poucos) foi por compatibilidade con algo que traducín e xa non me lembro onde foi.
  3. Matematicamente os franceses teñen unhas páxinas boísimas, eu despois do inglés son as que máis sigo.
Agora o que pensei eu en primeira instancia: os ingleses montaron un lío sen sentido ao mover a páxina hai un ano. O correcto sería ter "abs" como función e "Mabs" como formato, e non ter "absolute value" de feito é o único template en inglés dunha función matemática co nome completo, os outros nomes completos (poucos) non son de funcións matemáticas.
Problemas desta solución miña: a xente que escribiu "abs" (en páxinas xa feitas) como formato agora só lle aparecería a variable sen as barras (o resultado). Vin que só había 3 páxinas que o usaban así que se podería mudar de "abs" a "Mabs" sen problema.
O que pasaría no futuro: a xente que escriba "abs" sen prestar atención ao uso non lle aparecerán as barras e pensará que non funciona, deberían usar Mvar para formato. Isto pode pasar frecuentemente nas páxinas que se traduzan de inglés. Problema.
O que pasa se deixamos "abs" ou "absolute value" (tanto ten) como formato? daquela necesitamos un nome para a función que resulta que en 37 idiomas se chama "abs", podemos chamarlle fabs, non sei, un pouco forzado. Problema.
Outra cousa é que non sei de onde saquei o de Mabs, normalmente non invento nada, se o puxen foi porque o vin nalgún sitio máis agora non me lembro.
En resumo, vexo problemas en ambas as dúas posibilidades, e non son capaz de adiviñar cal sería a máis cómoda e menos problemática.
Resumo:
  1. facemos 2 modelos (modelo formato e modelo función) ou só un modelo?
  2. se deixamos só 1 modelo, ese modelo será formato ou función?
  3. Se facemos 2 modelos, como lles chamamos? necesitamos un nome para o formato e outro para a función Andresv.63 (conversa) 7 de abril de 2024 ás 11:21 (UTC)Responder

páxina descolocado en relación a outros idiomas editar

Boas @Estevoaei, unha consultiña.

Vou traducir a páxina "countable set" que en galego sería "conxunto contable" (ou numerable).

A páxina xa existe mias é só un esbozo. Cando traduza vou machacar o que hai e vaise meter o novo relacionado con todos os idiomas que xa hai relacionados con "countable set". Mais resulta que a páxina actual en galego non está relacionada con esa inglesa! senón con outras raras e minoritaria e o pior de todo é que ten o control de autoridades Q185478

Que fago con todo iso? o control de autoridades de "countable set" non o dou atopado.

un saúdo Andresv.63 (conversa) 15 de abril de 2024 ás 10:17 (UTC)Responder

Ola, @Andresv.63:! Efectivamente, o actual artigo Conxunto contábel está ligado a d:Q185478, pero este elemento de Wikidata se refire a conxunto infinito contábel. Doutra banda, artigo en inglés en:Countable set correspódense co elemento de Wikidata d:Q66707394, que aparece descrito en lingua galega como "conxunto numerable". A solución é sinxela: eliminar a ligazón ao artigo en galego no elemento en Wikidata que ten agora, e engadila no que lle cumpre. Avisa se non te amañas, e vexo de arranxalo :) --Estevo(aei)fálame aquí 15 de abril de 2024 ás 10:27 (UTC)Responder
Volver á páxina do proxecto "Wikiproxecto Matemáticas".