Wikipedia:Preguntas máis frecuentes
Contidos de axuda: GUÍA · Editor visual · Referencia rápida · Preguntas máis frecuentes · Glosario · Pide axuda!!
Preguntas máis frecuentes sobre a Wikipedia
Esta é unha lista das preguntas máis frecuentes que os usuarios novos poden ter sobre como usar e contribuír na Wikipedia. Se a túa dúbida non está respondida nestas páxinas de axuda, podes deixar unha mensaxe na sección "axuda" da Taberna.
Como edito unha páxina?
editar- Editar unha páxina é sinxelo, só tes que facer clic na lapela "Editar" na parte superior da páxina ou nas ligazóns de editar das cabeceiras das seccións. Isto leva a unha nova páxina cunha caixa de edición onde se poden facer os cambios ao texto. Ao rematar a edición cómpre escribir un breve resumo de edición no campo baixo a caixa de edición describindo os cambios feitos.
Como creo unha páxina nova?
editar- Non é necesario ter unha conta rexistrada na Wikipedia para crear un artigo. Non obstante, é recomendable facela dado que achega algúns beneficios, descritos na páxina Wikipedia:Como rexistrarse.
- Para crear un novo artigo, bótalle unha ollada ás recomendacións expostas en Wikipedia:Como crear unha páxina.
Por que borrastes o meu artigo?
editar- O mellor xeito de atopar o motivo é mirando o rexistro de borrados (escribe o nome exacto do artigo na caixa "Título:", con distinción entre maiúsculas e minúsculas).
Como troco o nome dun artigo?
editar- Para trasladar o artigo, usa o botón "mover". Cómpre ter unha conta de usuario rexistrada de máis de catro días con polo menos dez edicións. Se aínda non es un usuario autoconfirmado, o traslado pode traer controversias ou a páxina que desexas renomear está protexida, solicítao en Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios.
Como cambio o meu nome de usuario ou borro a miña conta?
editar- Para cambiar o teu nome de usuario podes facer unha solicitude en Especial:GlobalRenameRequest. Os nomes de usuario non se poden borrar. Podes, non entanto, solicitar que a túa páxina de usuario sexa borrada incluíndo o marcador {{Lixo}} nela.
Cando se publicou a Wikipedia por vez última?
editar- A Wikipedia non é unha enciclopedia en papel. A base de datos en liña actualízase cada vez que un editor modifica unha páxina, polo que está en constante evolución.
Quen escribiu o artigo X na Wikipedia?
editar- Case todos os artigos presentes na Wikipedia están escritos por varios editores, e non simplemente un só. Premendo na lapela "historial" que atoparás na parte superior de calquera artigo, irás parar ata unha lista de todos os colaboradores que construíron o artigo. Se tes intención de unirte a eles, podes botar un ollo antes á páxina Wikipedia:Como comezar a colaborar.
A quen pertence a Wikipedia?
editar- Véxase Wikipedia:Preguntas máis frecuentes/Xeral#A quen pertence a Wikipedia? para obter máis detalles.
Por que hai problemas co acceso ao sistema?
editar- Véxase Wikipedia:Como rexistrarse#Como acceder ao sistema para obter máis detalles.