Wikipedia:Preguntas máis frecuentes/Administración


Frecha. Volver á páxina de axuda.

Preguntas máis frecuentes sobre a administración

Como se deciden as políticas? editar

As políticas e normas da Wikipedia toman a súa forma mediante un proceso de debate e consenso. As conversas teñen lugar nas páxinas de conversa das políticas, atopadas no espazo de nomes do proxecto. A aprobación destas políticas, unha vez acadado o consenso da comunidade, lévase despois dunha votación.

Que é un administrador? editar

Un administrador é, simplemente, un wikipedista que pode acceder a algunhas funcionalidades restrinxidas do software da Wikipedia: borrar páxinas e ficheiros, protexer e desprotexer páxinas e bloquear e desbloquear usuarios ou enderezos IP. O mellor xeito de contactar con eles é mediante a páxina Wikipedia:Taboleiro dos administradores.
Véxase Wikipedia:Administradores para obter máis detalles.

Como se converte un en administrador? editar

O primeiro de todo é contar cunha conta de usuario. Logo, facendo edicións útiles durante un período de tempo a comunidade valorará a posible elección para conceder os dereitos de administrador. Para que a candidatura poida ser presentada, o usuario debe cumprir os requirimentos expostos en Wikipedia:Elección de administradores.
Os administradores deben ser bos coñecedores das políticas e usar os seus dereitos de acordo con elas.

Como podo desbloquear un usuario ou IP? editar

Tan só os administradores poden desbloquear enderezos IP. Os desenvolvedores poden desbloquear múltiples enderezos IP dunha vez. Para solicitar o desbloqueo dun enderezo IP, deixa unha mensaxe en Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Bloqueos e proteccións explicando os motivos.

Como podo solicitar o bloqueo dun usuario ou IP? editar

Podes solicitar que un administrador bloquee un usuario ou IP que estea a vandalizar na páxina Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Bloqueos e proteccións.