Domingos Raposo

profesor e lingüista portugués

Domingos Abílio Gomes Raposo, nado en Malhadas o 17 de maio de 1952[1] é un profesor da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD) e un dos maiores especialistas na lingua mirandesa.

Infotaula de personaDomingos Raposo
Biografía
Nacemento17 de maio de 1952 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Malhadas, Portugal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do Porto Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa e lingua mirandesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Raposo licenciouse pola Faculdade de Letras da Universidade do Porto en 1980. Máis tarde, fixo un mestrado en historia das poboacións na Universidade do Minho. Foi redactor e coordinador do xornal Planalto Mirandês, e tamén coordinador do Projeto Cultural Integrado de Miranda do Douro. En 1985 creou a disciplina optativa de lingua mirandesa e en 1987 organizou e editou as actas das Primeiras Xornadas de Lingua e Cultura Mirandesas. Raposo escribiu varios traballos e estudos sobre a lingua mirandesa e tamén é autor de obras discográficas sobre a música tradicional mirandesa.[2][3]

Notas editar

  1. "Raposo, Domingos Abílio Gomes | Spanish-Portuguese border (FRONTESPO)". www.frontespo.org. Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  2. Rei, Francisco Fernández; Santamarina, Antón (1999). Estudios de sociolingüística románica: linguas e variedades minorizadas (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 9788481217728. 
  3. "Do Douro Press - - R - RAPOSO, Domingos Abílio Gomes". www.dodouropress.pt. Consultado o 2 de febreiro de 2018.