Abrir o menú principal

O río Águeda é un curso fluvial do noroeste da Península Ibérica, afluente do río Douro pola súa marxe esquerda. Ten uns 130 km de curso, e flúe de España cara a Portugal.

Río Águeda
Barca03.jpg
PaísEspaña
NacementoSerra das Mesas)
Lonxitude130 km
Conca2.353 km²
DesembocaduraRío Douro
O Águeda está inmediatamente a Oeste do Tormes, que pasa por Salamanca.
O Águeda nas aforas de Ciudad Rodrigo

PercorridoEditar

O Águeda nace no extremo suroeste da provincia de Salamanca, na comunidade autónoma de Castela e León, España, na serra das Mesas, a preto de 1.000 msnm, ; despois de abandonar a montaña percorre a comarca de Ciudad Rodrigo, e desde Almofala serve de fronteira hispano-lusa, durante 22 km, até a súa desembocadura no río Douro, xunto a Barca de Alva, no concello de Figueira de Castelo Rodrigo, Portugal.

A conca do Águeda é paralela á dos ríos Aguiar e Côa en Portugal.

AfluentesEditar

  • Pola beira dereita: Berzosa.
  • Pola beira esquerda: Río Touroes, que serve tamén de fronteira hispano-lusa.

Réxime fluvialEditar

Como todos os afluentes importantes do Douro, o Águeda é un curso de réxime pluvio-nival.

Poboacións as beirasEditar

A localidade máis importante, sita ás beiras do Águeda, é a salmantina de Ciudad Rodrigo.

EncorosEditar

Sobre o Ádega ergueuse, xa en 1931, o encoro do Águeda, cunha capacidade de 24 hm³.