Río Tormes

O río Tormes é un curso fluvial de Castela e León, que verte as súas augas na marxe esquerda do río Douro, logo dun percorrido de 247,1 km.

Río Tormes
Reflejos de la Catedrales de Salamanca.jpg
PaísEspaña
NacementoFuente Tormella (serra de Gredos)
Lonxitude247,1 km
Conca7.096 km²
Caudal medio28,36 m³/s (Salamanca)
DesembocaduraRío Douro
O Tormes identifícase co río que pasa por Salamanca.
O Tormes á altura de Alba de Tormes
Río Tormes en Salamanca.

PercorridoEditar

O Tormes nace na Fuente Tormella, na serra de Gredos, mo concello de Navarredonda de Gredos, provincia de Ávila, a uns 1.500 msnm. No seu curso alto é un típico río de montaña que atravesa un terreo abrupto formado por rochas graníticas. Atravesa primeiramente a provincia de Ávila, para entrar a continuación na de Salamanca, onde baña a capital. No seu tramo final o Tormes serve de límite entre a provincia de Salamanca e a de Zamora, para desaugar finalmente no río Douro, entre Villarino e Fermoselle, e xusto en fronte da localidade portuguesa de Bemposta.

AfluentesEditar

Conca e réximeEditar

A conca do Tormes abrangue unha área de 7.096 km². O réxime do río é de tipo Réxime pluvio-nival|pluvio-nival, como todos os afluentes maiores do Douro. O caudal medio do Tormes é de 28,36 m³/s, na estación de capacidade de Salamanca.

EncorosEditar

Comoquer que as características hídricas do Tormes non aseguraban o abastecemento de auga para as poboacións da conca na época estival, a fins da década de 1960, ergueuse o encoro de Santa Teresa, cerca de Guijuelo, cunha capacidade de 496 millóns de m³, que regulaban a provisión de auga no verán e controlaba a grandes cheas invernais. Preto da unión co Douro, levantouse o encoro de Almendra con 2.648 hm³ de capacidade.

Localidades que atravesaEditar

Desde a fonte até a súa desembocadura o Tormes, pasa polas seguintes localidades de importancia, como Hoyos del Espino, El Barco de Ávila, Guijuelo, Alba de Tormes, Santa Marta de Tormes, Salamanca e Ledesma.

Datos medioambientaisEditar

No seu curso alto presenta unha flora de tipo atlántico (Quercus pyrenaica, Alnus glutinosa) e a persistencia de bosques galería, esta vexetación transfórmase en mediterránea unha vez abandona a serra, xunto coa súa degradación (garriga). Dentro da propia fauna fluvial, na que destacaron tradicionalmente as troitas, cómpre indicar a introdución do salmón do Danubio (Hucho hucho), augas abaixo do encoro de Santa Teresa, nos anos da décado de 1960. Porén a especie necesita actuacións de repoboamento cada certo tempo. Entre as aves adventicias que apareceron nas últimas décadas adoita salientarse a presenza de diversos tipos de gaivotas, que se alimentan de residuos orgánicos das poboacións das beiras.

No seu tramo inferior o Tormes discorre por parte do Parque Nacional dos Arribes do Douro.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar