O río Adaja é un río de Castela e León, o segundo afluente máis importante do río Douro pola súa marxe esquerda despois do río Tormes. Nace entre La Serrota e a serra de Ávila, concretamente na chamada Fonte Berroqueña ou Fonte do Ortigal (Villatoro, Ávila). Ten unha lonxitude de 163 km e drena unha conca de 5.328 km².

Río Adaja
PaísEspaña
NacementoFuente Berroqueña,
Villatoro (Ávila)
Lonxitude163,5 km
Conca5.328 km²
Caudal medio11,11 m³/s
DesembocaduraRío Douro
O Adaja ao seu paso por Villalba de Adaja (Valladolid)

A ribeira do Adaja recibiu a catalogación como Lugar de importancia comunitaria para a súa declaración como Zona especial de conservación (ZEC) dentro da Rede Natura 2000 da Unión Europea, por considerarse un corredor ecolóxico de primeira categoría para a fauna.[1]

Percorrido editar

O seu curso alto discorre polo altiplano situado ao oeste de Ávila cidade ou Val de Amblés, elevada depresión entre a serra da Paramera e os Baldíos ao Sur e a serra de Ávila ao norte. Recibe augas da vertente norte da Serrota pola súa marxe dereita xa desde o seu nacemento. A destacar polo seu caudal o Arroio de Prado Cimero, o Arroio de Majada Verde, o Arroio dos Hornillos, e as gargantas que baixan de Pradosegar e Muñotello, chamadas dos Tejos de la Gargantilla e de Canto Moreno respectivamente. Pola marxe esquerda recibe augas da serra de Ávila que veñen de Amavida e Poveda como Arroio Sauceda, Arroio de los Nogales e do Guijuelo.[2]

Achegándose a Blacha recibe pola esquerda os arroios de Pascuala, tamén chamado arroio de Villagarcía ou Merdero, e pola dereita o río de Narros del Puerto ou río Aulaque. Unha vez que o río atravesa o Canellón Real Leonés Occidental, chamada «O Cordel» na zona, recibe augas do río da Hija pola dereita e do río Blasco ou Pradillo pola esquerda, que vén da serra de Ávila e pasa por La Torre.

 
O río antes de Mingorría

Augas abaixo, o Adaja pasa por Baterna ata chegar á Ponte de los Cobos á altura de Solosancho, onde está o Castro de Ulaca, asentamento vetón, do mesmo xeito que o de Ávila cidade e o de tantos outros que se distribúen pola zona: Chamartín de la Sierra, Sanchorreja ou Las Cogotas. Deles proceden moitas das esculturas zoomorfas, touros ou verracos, que se atoparon por estas terras.

Camiño de Ávila recibe pola dereita as augas dos arroios de Riofrío, La Serna e Grajos. Ao chegar a Ávila, e logo de recibir ao río Chico, causante das inundacións na cidade de Ávila, o Adaja vira cara ao norte e ao saír do Val de Amblés o seu curso encáixase nos granitos da serra de Ávila, zona elixida para a construción da Presa de Fuentes Claras de uso recreativo e augas abaixo o das Cogotas, chamado así por estar á beira do castro vetón do mesmo nome. Esta incisión nos granitos explícase pola acción zapadora dun antigo río do val do Douro que conseguiu remontar ata a fosa do Amblés, canalizando cara ao norte as augas do primitivo lago intramontañoso. En Mingorría abandona a paisaxe granítico e abríndose paso nas arxilas e margas do terciario chega a Arévalo, onde recibe as augas dun dos seus afluentes máis importantes, o río Arevalillo. A partir de Arévalo, o Adaja entra brevemente en Segovia, e para rematar en Valladolid, onde logo de deixar Olmedo á dereita recibe as augas do río Eresma pouco antes da súa desembocadura no Douro ao leste de Tordesillas nas proximidades de Villamarciel (Valladolid).

Afluentes editar

Notas editar

  1. Abad Soria, J.; García Quiroga F. (2011). El Valle Amblés y las Sierras de Ávila, La Paramera y La Serrota. Ávila:Cuadernos de Patrimonio Abulense nº 12, Diputación de Ávila, IGDA. ISBN 978-84-15038-21-4. 
  2. Instituto Xeográfico Nacional, Ministerio de Fomento (1999). Mapa Topográfico Nacional de España, 1:25.000, Villatoro 530-III (1ª ed.). Madrid:IGN. NIPO 162-99-004-8.