Olmedo
Coordenadas: 41°17′14″N 4°41′12″O / 41.28722, -4.68667
Olmedo é un concello español da provincia de Valladolid, en Castela e León. Situado no sur da provincia, forma parte da comarca tradicional de Tierra de Pinares.
Olmedo | ||
---|---|---|
Rúa de Olmedo | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Comunidade autónoma | ![]() | |
Provincia | Valladolid | |
Comarca | Tierra de Pinares | |
Xeografía | ||
Altitude | 740 msnm | |
Superficie | 128,79 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 3.666 hab. (2017) | |
Densidade | 28,46 hab/km² | |
Xentilicio | Olmedano, -a Ulmentense, -a | |
Outros datos | ||
Código postal | 47410 | |
Alcalde | Alfonso Ángel Centeno Trigos (PP) | |
www.olmedo.ayuntamientosdevalladolid.es |
HistoriaEditar
Olmedo debe o seu nome á abundancia de olmos que existían no seu termo.
Foi unha das poboacións conquistadas por Afonso VI antes de 1085 e repoboada en 1093 outorgándoselle o foro de Roa.
En 1353 estivo na localidade Pedro I o Cruel, fuxindo da súa esposa para volver reunirse con María de Padilla, cuxa filla adulterina, Constanza, Duquesa de Lancaster, recibiu Olmedo e outras vilas a cambio da renuncia aos seus dereitos á coroa que outorgou en 1388.
Pasou máis tarde ao dominio de Aragón, cando este declarou a guerra a Xoán II de Castela, Olmedo aliouse con Xoán II, sendo severamente castigada. O rei de Castela presentouse co seu exército a cercala, e venceu aos aragoneses na Primeira Batalla de Olmedo. Os aragoneses abandonaron Olmedo esa mesma noite.
En 1467 foi corte do infante Don Afonso, levantado en armas contra Henrique IV, e o 20 de agosto se trabó xunto a Olmedo unha batalla en que este quedou vencedor; pero non chegou a entrar na cidade, a cal, ao ano seguinte, pasou a poder da princesa que había de ser Isabel a Católica. O seu esposo Fernando, despachou aquí a súa convocatoria das Cortes de Aragón que en 1515 reuniríanse en Calatayud.
A importancia que se daba a Olmedo naquela época dedúcese do refrán:
"Quen señor de Castela queira ser a Olmedo do seu parte ha de ter".
Filipe V, o primeiro Borbón rei de España, concede un privilexio a Olmedo, que é asinado despois polos seus sucesores. En 1811, o francés José Bonaparte, entón monarca por dereito de conquista, pasou uns días aloxado na vila.
DemografíaEditar
Evolución da poboación de: Olmedo desde 1991 ata 2007
| ||||
1991 | 1996 | 2001 | 2004 | 2007
|
3559 | 3501 | 3435 | 3529 | 3714 |
Lugares de intereseEditar
- Muralla de Olmedo
- Arco da Villa ou de San Juan
- Arco de San Miguel
- Real Chancillería
- Torre do Reloxo
- Parque temático Mudéxar
- Igrexa de San Andrés, de estilo románico, do século XIII.
- Igrexa de San Miguel, de estilo gótico e mudéxar, do século XIII.
- Igrexa de Santa María del Castillo
- Igrexa de San Juan
- Mosteiro da Concepción
- Mosteiro Madre de Dios
- Mosteiro de Nuestra Señora de la Merced Calzada
- Mosteiro de Santa María de la Mejorada
- Mosteiro de Sancti Spiritu
- Monumento ao Cabaleiro de Olmedo
FestividadesEditar
Celebran na vila dúas festas ao ano, unha relixiosa no Aniversario da Coroación da Virxe da Soterraña, o 10 de outubro, e outra máis laica e popular ao redor das festas de San Miguel e San Jerónimo, o 29 e 30 de setembro. Dentro destas festas, destacan os seus encerros tradicionais, declarados Festa de Interese Turístico Rexional.