Río Corgo, río Douro

río de Portugal

Coordenadas: 41°09′10″N 07°46′26″O / 41.15278, -7.77389

O río Corgo é un dos afluentes do río Douro. Nace no concello de Vila Pouca de Aguiar e desemboca xunto á cidade de Peso da Régua, na marxe dereita do río Douro, pasando antes por Vila Real e o concello de Santa Marta de Penaguião.

Corgo
Desembocadura do Río Corgo
PaísPortugal Portugal
NacementoVila Pouca de Aguiar
Lonxitude44
Conca466
DesembocaduraRío Douro (Peso da Régua)

Características editar

No medio do seu traxecto pasa pola cidade de Vila Real, onde recibe como afluente o río Cabril (que nace na Serra do Alvão), ademais doutros pequenos ríos.

Despois de Vila Real e ó entrar no concello de Santa Marta de Penaguião, o Corgo ten nas súas beiras as viñas da Denominación de Orixe do Douro.

Aínda en Vila Real, o río ten dous encoros, un para o lecer, o complexo do Codessais, con piscinas e praia fluvial, bares e animación nas noites de verán, e o segundo, co nome de Terragido, para aproveitamento hidroeléctrico e tratamento de augas e residuos urbanos.

O río Corgo ten durante o seu traxecto entre Vila Real e a Régua a compaña da Liña do Corgo, unha vía de ferrocarril de vía estreita con automotoras LRV 2000 que non superan os 30 km hora, é unha liña histórica nos meses de verán para viaxes turísticas, nunha viaxe de cerca de 50 minutos entre as dúas cidades (Régua - Vila Real). Ó longo do traxecto pode admirarse a magnífica vista do val do río, a beleza das viñas da rexión con Denominación de Orixe do Douro, ademais de antigas casas señoriais das quintas do Douro, tendo ó lonxe no horizonte a Serra do Marão.

Afluentes editar

Presas no río Corgo editar

Véxase tamén editar