Ponte Don Luís I

Coordenadas: 41°08′24″N 8°36′33″O / 41.14000, -8.60917

A ponte Don Luís I sobre o río Douro, une o Porto con Vila Nova de Gaia, en Portugal.

Ponte Don Luís I
Metro, Ponte e Porto.jpg
Localización
RíoDouro
ConcelloPorto - Vila Nova de Gaia
ProvinciaDistrito do Porto
Características
Construción1881-1886[1]
Lonxitude385,25 m o taboleiro superior[1]
174 m o taboleiro inferior
Ancho5 m
TipoDe arco
MaterialAceiro

HistoriaEditar

Oficialmente designada "Ponte Luiz I", construída de acordo co proxecto do Enxeñeiro Teófilo Seyrig, que xa colaborara con Eiffel na Ponte de Dona María, foi inaugurada o 31 de outubro de 1886[1] polo propio Luís I de Portugal.

A Ponte de Don Luís, que veu substituír a Ponte Pénsil, está constituída por un arco de ferro e cinco piares e ten a particularidade de ter dous taboleiros metálicos con cinco metros de largura cada un. O taboleiro superior ten de longo 391 metros e o inferior 174. A ponte é unha auténtica filigrana de ferro e, xuntamente coa Torre dos Clérigos, é un dos símbolos do Porto.

A Ponte de Don Luís permitiu unha ligazón viaria desafogada entre as zonas baixa e alta de Vila Nova de Gaia e do Porto e, dunha forma máis xeral, entre o norte e o sur do país, durante largas décadas. A partir da segunda metade do século XX, no entanto, comezou a revelarse insuficiente para asegurar o transito automóbil entre as dúas marxes.

Galería de imaxesEditar

 
 
 
 


 

Panorámica dende Vila Nova de Gaia. Río Douro e o Porto. Ao fondo, á esquerda, a Ponte da Arrábida. Á dereita a ponte de Don Luís I.


NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • MARTINS, Maria do Rosário França, TORRES, Maria Teresa Pinheiro e FREIRE, Paula Cristina Martins. Pontes metálicas rodoviárias, 1998, Lisboa.

Ligazóns externasEditar