O río Pisuerga é un curso fluvial do noroeste da Península Ibérica, afluente do río Douro pola súa marxe dereita. Ten un curso total de 283 km.

Río Pisuerga
PaísEspaña España
NacementoPico Valdecebollas (Cordilleira Cantábrica)
Altitude1.925 msnm
Lonxitude283 km
Conca15.828 km²
Caudal medio945 m³/s
DesembocaduraRío Douro
O Pisuerga en Valladolid

Etimoloxía

editar

No que hoxe é Herrera de Pisuerga (provincia de Palencia) existiu un asentamento dos celtas turmogos chamado Pisoraca que deu nome ao río enteiro. A evolución da palabra é común a outras no castelán: Pisóraca > Pisóraga > Pisorga > Pisuerga. O topónimo tería a súa orixe en bis-ur-aca (sufixo -aca similar a -briga, moi común na lingua celta), co significado de "dúas lameiras", pode ser que en referencia aos dous ríos próximos, Pisuerga e Burejo.

Percorrido

editar

Nace no glaciar Covarrés, do pico Valdecebollas (provincia de Palencia), discorre por Sel de la Fuente, e se fai subterráneo, para emerxer en Fuente Cobre, na serra de Peña Labra, na Cordilleira Cantábrica, cerca de Santa María de Redondo, municipio de La Pernía. Baixa en dirección sur, atravesando a comarca do Alto Campoo, delimitando a de Terra de Campos cara Occidente.

Serve de linde entre as provincias de Palencia e Burgos, na súa parte media, nun bo treito de percorrido. Logo continúa pola provincia de Valladolid, pasando pola mesma cidade de Valladolid, onde se lle une o río Esgueva, para seguir a Simancas, até a súa unión co Douro.

Desembocadura

editar

Desemboca no río Douro pasado Pesqueruela, Simancas, no límite do termo municipal de Geria co da localidade de Villamarciel, municipio de Tordesillas (Valladolid).

Datos básicos

editar

O seu caudal hídrico na desembocadura supera o do río Douro neste punto, en aproximadamente 80 m³/s.

Afluentes principais

editar

Localidades que atravesa

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar