Almaraz de Duero

Almaraz de Douro é un municipio da provincia de Zamora, situada a 17 km da capital. Pertence á comarca e mancomunidade de municipios da Terra do Pan.

Igrexa Parroquial de Almaraz de Douro

DatosEditar

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Alba, do bispado de Zamora. Ten unha poboación de 451 habitantes (INE 2005). O seu termo municipal, de 4.630 hectáreas, linda ao norte con Zamora, ao sur co río Douro e Pereruela de Sayago, ao leste co río Douro e San Román dos Infantes (anexo do municipio de Pereruela de Sayago) e ao oeste con Villaseco del Pan e Muelas del Pan. Os seus habitantes dedícanse á agricultura, a gandaría e o sector servizos, outros traballan na capital aproveitando a proximidade da localidade á capital da provincia. A súa distancia ás poboacións limítrofes é a seguinte: de Villaseco del Pan, 4 km e de Muelas del Pan, 7 km. O núcleo non conta con estrada cara a Pereruela de Sayago nin San Román dos Infantes que se atopan a 8 e 4 km respectivamente.

DemografíaEditar

Evolución da poboación de: Almaraz de Duero desde 2001 ata 2007

2001 2003 2004 2005 2007

464 454 444 451 435

Evolución históricaEditar

A etimoloxía do nome é árabe, nesta lingua significa labrantíos. Até principios do século XX coñecíase como Almaraz do Pan, igual que o resto de pobos da comarca do Pan. Aparece xa rexistrado en documentos a principios do século XII, e a finais do mesmo recibe uns importantes foros medievais que regulan a vida do lugar de regengo que posteriormete pasou a ser do bispado de Zamora.

Na poboación destaca a igrexa parroquial dedicada á Transfiguración do Señor ou O Salvador que data do século XVI aínda que construída sobre unha anterior románica. Conta o pobo cun santuario rupestre chamado de San Pelayo de grande importancia na súa clase que se atopa situado xunto ás ruínas dunha antiga ermida do século XV dedicada a San Gregorio Nacianceno e á que se acudía en romaría o día 9 de maio. Ten tamén unha fonte romana no centro da localidade e antigas minas de estaño repartidas por todo o termo. No termo municipal pódense apreciar varias aceas e construcións de arquitectura pastoril. Neste municipio comezan os Arribes do Douro e é tamén coñecido pola paraxe dos Infernos onde se atopa o Ponte de Joyalada do século XVII. Antigamente a igrexa da localidade chegou a contar con cinco altares e cúpula, tivo o pobo catro ermidas e contaba con varias confrarías.

Conta a localidade con varios servizos como consultorio médico, dous supermecados, tres bares, panadaría, farmacia, residencia de anciáns, liña regular a Zamora etc.

FestasEditar

Celebra as súas festas patronais o sábado máis próximo ao 9 de maio, día de San Pelayo, e o fin de semana próximo ao 6 de agosto, día do Salvador.