Pancorbo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Coordenadas: 42°38′06″N 3°06′38″O / 42.63500, -3.11056
Pancorbo é un concello español, no nordeste da provincia de Burgos, na comunidade autónoma de Castela e León. Ocupa unha superficie de 58,45 km², cunha poboación de 493 habitantes (2013). Dista 63 km da capital provincial, e só 17 km de Miranda de Ebro. O xentilicio que designa aos seus poboadores é pancorbino.
Pancorbo | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Vista da localidade | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Com. Autónoma | Castela e León | ||
Provincia | Burgos | ||
Comarca | Comarca do Ebro | ||
Xeografía | |||
Altitude | 633 msnm | ||
Superficie | 58,45 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 493 hab. (2013) | ||
Densidade | 8,43 hab./km² | ||
Xentilicio | pancorbino/a | ||
Outros datos | |||
Código postal | 09280 | ||
Alcalde | Carlos Ortiz Caño | ||
Páxina oficial |
Tradicionalmente formou parte da comarca da Bureba, pero as reorganizacións recentes asígnano á comarca do Ebro.
EtimoloxíaEditar
O nome de Pancorbo procede do latín ponte curvu: ponte curva.
HistoriaEditar
No ano 883 a crónica de Albelda indica que o conde alavés Vela Ximénez tomou o castro "cui Pontecorbum nomen est" (que ten por nome Pontecorbum), pasando a formar parte das terras castelás. Durante parte do século XI formou parte do reino de Navarra, pasando a Castela de xeito definitivo en 1076, so o rei Afonso VI. En 1147, Pancorbo recibiu carta foral do rei Afonso VII. Posteriormente outorgóuselle a capitalidade da merindade da Bureba, dada a súa prosperidade. Tivo barrio xudeu e foi un dos lugares de paso do Camiño de Santiago.
Ao pasar a ser Briviesca a capital da Bureba, Pancorbo perdeu a súa importancia, entrando en decadencia.
A finais do XVIII contaba cunha fortaleza, que sería ocupada polas tropas napoleónicas ata 1813. O Exército de Galicia, ao mando do xeneral Blake, enfrontaríase na batalla de Pancorbo aos franceses.
En 1862 chegou o ferrocarril Madrid-Irún a Pancorbo, pero non significou ningún pulo para a poboación, dada a proximidade do nó ferroviario de Miranda de Ebro.