Joaquín Blake

militar español

Joaquín Blake y Joyes, nado en Málaga o 19 de agosto de 1759[1] e finado en Valladolid o 27 de abril de 1827, foi un militar español de orixe irlandesa[2] que serviu con distinción nas guerras da Revolución francesa e na Guerra da Independencia española. Foi presidente do Consello de Rexencia de España e Indias (1810-1811), xefe de Estado Maior e Capitán Xeneral de Galicia,  Nalgunhas grafías antigas pode aparecer como Joaquín Blacke e aínda Blacque.

Modelo:BiografíaJoaquín Blake

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Joaquín Blake y Joyes Editar o valor en Wikidata
19 de agosto de 1759 Editar o valor en Wikidata
Vélez-Málaga, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de abril de 1827 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Valladolid, España Editar o valor en Wikidata
Capitán Xeneral de Valencia
9 de outubro de 1811 – 10 de xaneiro de 1812
← Domingo Traggia (pt) TraducirFrancisco Javier de Elío (pt) Traducir →
Capitán xeneral de Cataluña
outubro de 1809 – decembro de 1809
← Antonio Malet (en) TraducirFrancisco Gómez de Terán y Negrete (en) Traducir →
Capitán xeneral de Galicia
27 de xuño de 1808 – agosto de 1808
← Antonio Alcedo y BejaranoJose de Mazarredo y Salazar (en) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónCapitán xeneral Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1789 Editar o valor en Wikidata - 1823 Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeImperio Español Editar o valor en Wikidata
Rango militarCapitán Xeneral do Exército Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra da Independencia española
Guerras napoleónicas
Batalla de Medina de Rioseco
Battle of Pancorbo (en) Traducir
Batalla de Valmaseda
Batalla de Espinosa de los Monteros Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosInés Blake Tovar de Román, Joaquín Blake y Tovar Editar o valor en Wikidata
NaiInés Joyes y Blake Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteMeyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1312018

Inicios militares

editar

En parte de orixe irlandesa, naceu no seo dunha familia aristocrática. Na súa mocidade sentiu o desexo de participar como tenente de granadeiros na guerra de Independencia dos Estados Unidos. Tomou parte so asedio fracasado de Xibraltar e en 1783 na reconquista de Menorca.

A raíz da apertura de hostilidades coa Francia revolucionaria en 1793, Blake, entón capitán, tomou parte na invasión do Rosellón baixo as ordes do xeneral Ricardos. Foi ferido en San Lorenzo de la Muga en 1794.

Guerra de Independencia española

editar

O seu coraxe e valor serviron para que fose ascendendo. No inicio da Guerra de Independencia española en 1808, Blake tiña o rango de tenente xeneral. Foi nomeado pola Xunta Suprema do Reino de Galicia Capitán Xeneral de Galicia, con mando en teoría dunha forza de 43.000 homes, sendo posto á cabeza da ala esquerda das tropas españolas ao longo do cordal Cantábrico. Bateuse contra a Grande Armée (Grande Exército) de Napoleón, a pesar de que as posibilidades estaban claramente na súa contra.

Blake e o xeneral Cuesta foron derrotados o 14 de xullo en Medina de Rioseco, na actual provincia de Valladolid, por Bessiéres. Como consecuencia da retirada xeral dos franceses esmagados en Bailén, Blake tomou posicións fronte o inimigo nas beiras do río Ebro. O 31 de outubro, o IVº Corpo francés, baixo o mando do mariscal Lefebvre, caeu sobre os 19.000 homes de Blake, librando combate en Pancorbo, ao noroeste da actual provincia de Burgos, rexeitando o avance vacilante dos españois e derrotándoos. Intelixentemente, Blake bateuse en retirada rapidamente e con boa orde, impedindo que Napoleón aplicase o seu plano preconcibido de envolvemento e de destrución do flanco español.

Furioso, o Emperador enviou a Lefebvre e Victor en persecución de Blake; Victor tiña ordes de arrodealo e cortarlle as liñas de retirada. Os franceses actuaron con neglixencia deixando dispersarse as tropas propias na persecución. O 6 de novembro,[3] Blake sorprendeu de novo aos seus inimigos cando a batalla de Valmaseda, virando de repente e atacando a vangarda francesa, obtendo unha brillante vitoria sobre a división de vangarda do xeneral Vilatte. Foi a derradeira vitoria española deste ano.[3] Porén, outro corpo do exército galo xuntouse na persecución, o que obrigou a Blake a moverse cara ó Oeste para evitar ser envolto.

Blake decidiu resistir de novo aos franceses na batalla de Espinosa de los Monteros, na actual provincia de Burgos, o 10 de novembro de 1808. Victor, desexoso de vingarse das humillacións inflixidas anteriormente por Blake, gastou a primeira xornada lanzando irreflexivamente e sen éxito as súas divisións contra as tropas do exército. Mais no outro día, un ataque francés ben coordinado, rompeu o centro das tropas de Blake, derrotándoas. Aínda que Blake non perdeu máis de 3.000 homes no campo de batalla, a fronte española desintegrouse e varios miles de soldados dispersáronse na confusión e con poucas esperanzas de retirada. Sabedor de que o exército estaba desfeito de xeito irreparable, Blake dispuxo unha esgotadora marcha para o oeste a través das montañas, pondo terra de por medio a respecto dos seus perseguidores mandados por Soult. Chegou a León o 23 de novembro de 1808 con só 10.000 homes. O que quedaba do exército pasou tres días despois a ser mandado polo xeneral Pedro Caro y Sureda, 3º marqués de la Romana.

Capitán xeneral

editar

En 1810, Blake participou na creación do Estado Maior Xeneral español, que nos últimos anos da guerra comezou a restablecer a coherencia dos empreendimentos militares do país. Os malos resultados nos campos de batalla en boa parte foran debidos á abulia, a mala xestión e a falla de coordinación dunha administración militar española moi compartimentada.

O 16 de maio de 1811, Blake enfrontouse ao franceses en Albuera, colaborando co exército anglo-portugués de William Beresford. Os españois baixo as ordes de Blake, mantiveron exitosamente o flanco aliado contra os máis poderosos ataques da infantaría francesa en todo o combate. Blake gañou aí a promoción á graduación de Capitán xeneral. En realidade, debeuse á iniciativa de José Zayas que o asalto francés fose rexeitado, o que posibelmente salvou o exército aliado da destrución.

Blake foi naquela altura trasladado á parte oriental de España para combater o avance do mariscal Suchet sobre Valencia. Blake, logo de varias derrotas, e incapaz de defender Murviedro (a actual Sagunt), acabou bloqueado na capital valenciana co seu exército, e encargouse da defensa da cidade durante o inverno de 1811 até que capitulou o 8 de xaneiro de 1812, cos seus 16.000 homes. Este feito marcou o apoxeo francés na España oriental. Preso dos franceses, estivo encerrado no forte de Vincennes,[2] ata que a caída de Napoleón permitiu o seu regreso a España en 1814.

Últimos anos

editar

Recobrado o trono español por Fernando VII, o monarca encargoulle da Dirección xeral de Enxeñeiros en 1815. O capitán xeneral Blake deixou o seu cargo de Enxeñeiro Xeral en 1820, para pasar a ser nomeado presidente do Consello de Estado. Durante o Trienio Constitucional foi nomeado Capitán xeneral de Valencia (1821).[2]

Tras a invasión dos Cen Mil Fillos de San Luís en 1823, retirouse da vida política por no estar de acordo coas extremas medidas de represión que adoptou o monarca ao retornar de novo ao absolutismo.

  1. "General Joaquín Blake y Joyes". The Napoleon series. Consultado o 02-08-2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Joaquín Blake". enciclopédia.cat. Consultado o 02-08-2017. 
  3. 3,0 3,1 Cayuela (2008), p. 163

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Alonso, Roberto (2015). Valladolid Universal. Historias y leyendas de la ciudad que fue capital del mundo. Valladolid: Elefantus Books. ISBN 978-84-943-558-0-6 P. 182.
  • Cayuela Fernández, José Gregorio; Gallego Palomares, José Ángel (2008). La Guerra de la Independencia. Historia bélica, pueblo y nación en España (1808-1814). Ediciones Universidad de Salamanca. ISBN 978-84-7800-334-1. 
  • Sánchez Arreseigor, Juan José; «Vascos contra Napoleón.» Actas, Madrid 2010. ISBN 978-84-9739-099-6 Pp. 57, 67-89, 410.