Roberto I de Borgoña

Roberto I de Borgoña, chamado o Vello, nado en París en 1011 e finado en Fleurey-sur-Ouche o 21 de marzo de 1076. Príncipe francés da dinastía dos Capetos e primeiro duque de Borgoña da dita casa, conde de Charolais e Langres (1027) e conde de Auxerre (1040 - 1060).

Roberto I de Borgoña
Nacemento1011
Lugar de nacementoParís
Falecemento21 de marzo de 1076
Lugar de falecementoFleurey-sur-Ouche
SoterradoSaint-Seine-l'Abbaye
NacionalidadeReino de Francia
Ocupaciónmonarca
PaiRoberto II de Francia
NaiConstanza de Arles
CónxuxeErmengarda de Anjou e Hélie de Semur
FillosHildegarda da Borgonha, Constanza de Borgoña, Henrique de Borgoña, Hugues de Bourgogne, Robert de Bourgogne e Simon de Bourgogne
IrmánsAdela de França, Hedwig of France, Countess of Nevers, Hugo II de Francia e Henrique I de Francia
Na rede
WikiTree: Capet-98 Find a Grave: 96597423 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Biografía editar

Orixes familiares editar

Fillo do rei de Francia Roberto II o Piadoso e de Constanza de Arlés. Terceiro representante da dinastía dos Capetos, foi neto de Hugo Capeto (938 - 996) e Adelaida de Aquitania (952 - 1004). Foi irmán dos reis Hugo de Francia e Henrique I de Francia.

Ascenso ao ducado de Borgoña editar

A principios do ano 1032, á morte do seu irmán máis vello Hugo de Francia e instigado pola súa nai que desexaba darlle o trono, enfrontouse ao seu irmán e soberano, Henrique I, pero Roberto foi derrotado nunha gran batalla que tivo lugar preto de Villeneuve-Saint Georges. A súa nai Constanza negociou entón a paz coa condición de que a Roberto se lle concedese o ducado de Borgoña, pero o conde de Champaña, Eudes, non estivo de acordo co trato, pois esas terras lle foran concedidas pola raíña para que apoiase os seus intereses. Henrique derrotou a Eudes de Champaña en tres ocasións sucesivas.

Nupcias e descendentes editar

En 1033, casou en primeiras nupcias con Hélie de Semur (1016 - 1056), filla de Dalmace, señor de Semur, e de Aremburga de Vergy. Roberto tiña un carácter violento. En 1048, dominado pola cólera, no medio dunha discusión matou a Dalmace de Semur, o seu sogro. Uns soldados de Roberto asasinaron tamén ao seu cuñado, Jocerand de Semur. O duque pagou os seus crimes peregrinando a Roma e construíndo a igrexa de Semur-en-Auxois. No pórtico esquerdo da igrexa, existen uns relevos escultóricos onde se describen os asasinatos do duque Roberto.

Deste matrimonio naceron:

  • Hugo (1034 - 1059), morreu asasinado nunha pelexa co conde Guillerme I de Nevers, de Auxerre e de Tonerre.
  • Henrique de Borgoña, coñecido como «o Doncel», herdeiro do seu pai, morreu antes de poder sucedelo. O ducado pasou ao seu fillo Hugo.
  • Roberto de Borgoña (1040-1113) foi o destinado polo seu pai para herdar o ducado, pero foi desposuído polo seu primo Hugo. O 5 de agosto de 1087 atopouse en León co seu primo Eudes; de alí pasou a Sicilia onde casou coa filla de Roxerio I, conde de Sicilia.
  • Simón de Borgoña (1044 - 1088) seguiu a sorte do seu irmán Roberto, e non aparece na Historia.
  • Constanza de Borgoña (1046 - 1093), casou primeiro con Hugo II de Chalon, que morreu en España en 1065, e despois con Afonso VI o Bravo, rei de León. Reinou até a súa morte en 1093 e foi nai de Urraca I de León, que sucedeu ao seu pai no trono leonés.

En 1046, repudiou a Hélie e casou en 1048 con Ermengarda de Anjou, filla do conde Fulco III de Anjou, conde de Anjou, e de Hildegarda de Sundgau.

Desta unión naceu unha filla

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Jean Richard, Les ducs de Bourgogne et la formation du duché du XIe au XIVe siècles, Société Les Belles Lettres, París, 1954.
  • Ernest Petit, Histoire des ducs de Bourgogne de la race capétienne, París, 1885.
  • Maurice Chaume, Les origines du duché de Bourgogne, Académie des Sciences, Arts et Belles Lettres, 1925.
  • Eugène Jarry, Formation territoriale de la Bourgogne. Essai de géographie historique, París, 1948.