Roberto II de Francia
Roberto II de Francia ou Roberto II "o Piadoso" (en francés: Robert II le Pieux). Nado en Orleans o 27 de marzo de 972 e finado en Melun o 20 de xullo de 1031. Foi rei de Francia desde 996 ata 1031. Foi o segundo rei da dinastía dos Capeto e fillo de Hugo Capeto e Adelaida de Aquitania.
Roberto II o Piadoso | |
---|---|
Rei de Francia | |
![]() | |
Reinado | 24 de outubro de 996 - 20 de xullo de 1031 |
Coroación | 25 de decembro de 987 (Orleans) |
Outros títulos | Duque de Borgoña (1004–1016) |
Nacemento | 27 de marzo de 972 Orleans |
Falecemento | 20 de xullo de 1031 Melun |
Predecesor | Hugo Capeto |
Sucesor | Henrique I |
Cónxuxe/s | Constanza de Arles |
Descendencia | Hugo (1007 - 1025) Henrique (1008 - 1060) ![]() Adela de Flandres (1009 - 1079) Roberto o Vello (1011 - 1076). |
Casa real | Dinastía dos Capetos |
Proxenitores | Hugo Capeto Adelaida de Aquitania |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
Traxectoria Editar
Primeiros anos e sucesor primoxénito da monarquía francesa Editar
No 987, o seu pai lograra que a nobreza recoñecera a Roberto como sucesor rex designatus, dando comezo así o reinado dos seus sucesores en Francia, que duraría en liña directa ata 1328 e indirecta, con interrupcións polas repúblicas e imperios napoleónicos, ata 1848.
Características do seu reinado Editar
Xa no trono, Roberto obtivo o recoñecemento do seu primoxénito Hugo, como o seu sucesor, mais a morte deste convertería en futuro sucesor a Henrique.
Foi un defensor da Igrexa e protector da cultura, ademais de precursor fundamental da expansión da orde cluniaciense.
O piadoso Roberto fixo poucos amigos e moitos inimigos, que incluiría aos seus propios fillos que máis tarde se rebelarían.
Matrimonio e descendencia Editar
Roberto II de Francia casárase en primeiras nupcias coa súa prima cuarta Berta de Borgoña, sobriña do duque Otón Guillerme de Borgoña, aínda que deste enlace non tivese descendencia.[1]
Por medio deste matrimonio obtivo o Ducado de Borgoña e arrebatoulle á nobreza os condados de Dreux e Melun no ano 1017.[2]
Este matrimonio non era do agrado do papa Gregorio V, a causa do próximo parentesco e porque durante o pontificado do antecesor papa Xoán XV, se depuxera a Arnulfo do arcebispado de Reims que foi substituído, coa oposición papal, por Gerberto quen fose nomeado Silvestre II contando co apoio do anterior rei francés Hugo Capeto, e polo cal esixiu a Roberto que anulase o enlace. Este ao negarse provocou que fose excomungado, ao igual que o arcebispo de Reims que autorizara o casamento.
Ao final rematou por separarse o matrimonio e quitáseo o apoio ao Silvestre II xa que desexaba un achegamento co Papa. Isto provocou que nun concilio celebrado en Pavia no ano 997, restituísese como arcebispo de Reims a Arnulfo e condenásese como usurpador a Gerberto, ademais de levantar a excomuñón.[1]
Roberto enlazouse por segunda vez con Constanza de Arles -aínda que ao ter sido anulado o anterior, se convertería nas súas primeiras nupcias- filla do Príncipe de Provenza (dende 991), sendo unha muller moi temperamental, contrastando acentuadamente con Roberto "o Piadoso", pasou á Historia por defender con decisión os dereitos do seu fillo ao trono.[3] Deste matrimonio naceron sete fillos:
- Hedwige de Francia (1003 - 1063), casada con Renauld, Conde de Nevers.
- Hugo (1007-1025). Asociado ao trono polo seu pai, finou no 1025.
- Herique (1008 - 1060). Rei de Francia, co nome de Henrique I.
- Adela de Flandres (1009 - 1079), casada co conde Balduíno V de Flandres. A súa filla Matilde foi esposa de Guillerme I de Inglaterra.
- Roberto o Vello (1011 - 1076). Iº Duque de Borgoña da casa capetiana. Avó de Henrique de Borgoña, pai de Afonso I de Portugal e pai de Constanza de Borgoña, esposa de Afonso VI o Bravo, rei de Castela e León.
- Eudes de Francia (1013 - 1056) naceu con retardo mental.
- Constanza de Francia (1014 - ¿?), casada con Manasses Conde de Dammartín.
Guerras civís e falecemento Editar
Os seus fillos Hugo, Henrique e Roberto, rebeláranse contra o seu pai dando lugar a unha guerra civil, na cal Hugo morrería en plena revolta, en 1025.
Na continuación do conflito con Henrique e o mozo Roberto, as tropas do rei Roberto resultaron derrotadas e o rei retirouse a Beaugency, nos arredores de París, a capital.
Roberto morreu en plena contenda contra os seus fillos o 20 de xullo de 1031 en Melun. Foi enterrado, xunto coa súa esposa Constanza, na Basílica de Saint Denis. Sucederíalle o seu fillo Enrique.
Ao rematar o seu reinado, Francia encontraríase nun proceso de importante evolución política.
Notas Editar
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roberto II de Francia |
Bibliografía Editar
- Le Bas, Philippe; en "Historia de la Francia" (Tomo I, obra traducida por Una Sociedad Literaria, Ed. Imprenta del Nacional, Barcelona, año 1841).
Ligazóns externas Editar
Predecesor: Hugo Capeto |
Rei de Francia 996 – 1031 |
Sucesor: Henrique I |
Predecesor: Otón Guillerme |
Duque de Borgoña 1004 – 1016 |
Sucesor: Henrique |