Susana de Italia
Susana de Italia, nada cara ao 955 e finada o 7 de febreiro de 1003, tamén coñecida como Rosala de Italia ou Rosala de Ivrea, foi unha condesa de Flandres por matrimonio e Raíña consorte dos Francos.
Susana de Italia | |
---|---|
Raíña consorte dos Francos | |
![]() | |
Susana de Italia | |
Reinado | 988-991/992 |
Coroación | 3 de xullo de 987 |
Outros títulos | Condesa de Flandres |
Nacemento | cara a 955 |
Falecemento | 7 de febreiro de 1003 |
Cónxuxe/s | Arnulfo II de Flandres (961-987) Roberto II de Francia (988-991/992) |
Descendencia | (con Arnulfo II de Flandres) Balduíno IV de Flandres Eudes de Cambrai Matilde de Flandres |
Casa real | Casa de Ivrea |
Proxenitores | Berengario II de Italia Willa |
Na rede | |
![]() | |
TraxectoriaEditar
Filla do rei de Italia Berengario II, casou en primeiras nupcias co conde de Flandres Arnulfo II (961-987) co que tivo tres fillos:
Dado que o seu fillo era menor cando o seu pai finou, ela exerceu como titora.
Unha vez viúva e a pesar da diferenza de idade (preto de vinte anos máis que o seu futuro esposo), casou co príncipe herdeiro de Francia Roberto debido aos desexos do pai deste, Hugo Capeto. A súa dote era interesante pois ela aportaba Montreuil e Ponthieu.[1] Cando o seu marido chegou ao trono, repúdiaa entre (991/992), quedando coa dote.
Rosala, que cambiara o nome ao converterse en raíña, retirouse a Flandres xunto co seu fillo Balduíno IV[1] onde finou e foi enterrada na abadía de San Pedro de Gante en Gante.
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 Christian Bouyer, Dictionnaire des Reines de France, Librairie Académique Perrin, 1992 ISBN 2-262-00789-6 (en francés)
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Susana de Italia |
Predecesor: Adelaida de Aquitania |
Raíña consorte dos Francos 988-991/992 |
Sucesor: Berta de Borgoña |