Sibila de Fortià

Este artigo trata raíña consorte da Coroa de Aragón (1377-1387). Para outra nobre do mesmo nome, a infanta filla de Berenguer Ramón I, conde de Barcelona (1005-1035), véxase Sibila de Barcelona.

Sibila de Fortià nada c. 1350 en Fortià, Condado de Empúries, a 35 km ao norte de Xirona,[1] e finada o 24 de novembro de 1406 en Barcelona, Condado de Barcelona,[1] [2] foi unha nobre empordanesa que foi raíña consorte de Aragón, de Valencia, de Mallorca, de Sardeña e de Córsega, duquesa de Atenas e de Neopatria, e condesa consorte de Barcelona e dos outros condados cataláns desde 1377 a 1387.[1]

Sibila de Fortià
Raíña consorte da Coroa de Aragón
Sibila de Fortià na igrexa de San Miguel de Daroca
Raíña consorte de Aragón
11 de outubro de 13776 de xaneiro de 1387

CoroaciónXaneiro de 1381, en Zaragoza
Nacementoc. 1350
Falecemento24 de novembro de 1406
Barcelona, Condado de Barcelona
SepulturaCatedral de Barcelona
PredecesorLeonor de Sicilia
SucesorIolanda de Bar
Cónxuxe/sArtal de Foces
Pedro IV de Aragón
DescendenciaAfonso de Aragón
Isabel de Aragón
Pedro de Aragón
Casa realCasa de Aragón
ProxenitoresBerenger de Fortià
Francesca de Villamarí

Escudo de Sibila de Fortià
Armas da raíña Sibila
Na rede
WikiTree: De_Fortia-2

Orixes familiares editar

Sibila pertencía á liñaxe dos Fortià, da baixa nobreza empordanesa,[1] con posesións no medio rural, no Condado de Empúries, do cal eran feudatarios.

Era a máis nova das tres fillas do barón Berenguer de Fortià e de Francesca de Vilamarí, filla de Bernat de Vilamarí e de Francesca de Palau.[1] [2][3]

Traxectoria editar

Sibila, na súa xuventude, en 1371, casou con Artal de Foces, un cabaleiro da baixa nobreza aragonesa, que era o señor de Foces.[1] A dos Foces era unha liñaxe de Aragón oriúnda da localidade de Ibieca e que xa figura documentada no século XI.[4]

Este matrimonio levaría a Sibila desde a súa escuridade provincial á Corte real, xa que Artal foi conselleiro de Leonor de Sicilia, a terceira esposa do rei Pedro IV, e foi armado cabaleiro polo rei en recoñecemento aos seus servizos; foi así como a xove e bela Sibila entrou no contorno real.[1]

A raíña Leonora morreu en Lleida o 20 de abril de 1375, e Artal tamén morreu pouco despois. Ambos os viúvos, Pedro e Sibila, consoláronse mutuamente. Sete meses despois da morte da raíña, Pedro deulle á xove viúva a súa primeira asingación real, de 2 000 floríns aragoneses, para que soportara a súa viuvez; e fixéronse amantes.[1]

No curso do ano 1376, Sibila deu a luz un fillio, Afonso, que viviu poucos anos e, en 1377, moi probabelmente despois do seu matrimonio co rei, foi legxitimado por Pedro IV.[2]

Porque Pedro IV, o 11 de outubro de 1377, casou en Barcelona, por última e cuarta vez, con Sibila, que foi coroada raíña, en Zaragoza, en xaneiro de 1381.[2]

Sibila influíu no seu esposo e logrou que membros da súa familia desempeñaran importantes postos na Corte, e o seu irmán, Bernat, foi conselleiro do rei.[2]

Despois da morte do marido, en 1387, Sibila fuxiu da Corte e refuxiouse en Sant Martí Sarroca, no Penedès. Cando foi capturada, a cambio da renuncia a todas as súas prerogativas, se lle concedeu unha pensión.[2]

Morte e sepultura editar

Sibila retirouse a vivir en Barcelona, onde morrreu o 24 de novembro de 1406.[2]

Por orde do rei Mariño, foi enterrada, con funerais de Estado, no convento de San Francisco de Barcelona, lugar tradicional de enterramento dos reis e as raíñas da Coroa de Aragón, onde ocupou o sepulcro que deixara libre Afonso o Benigno, que se trasladara en 1369 ao convento de San Francisco de Lleida. Pero non foi conducida ao panteón oficial do Mosteiro de Poblet.

Cando o convento franciscano de Barcelona en 1837 foi desamortizado, os seus restos, como os doutras peronas reais alí enterradas, foron trasladados o 20 de abril de 1852, á Catedral de Barcelona e depositados nunha urna encaixada na parede da capela dos Mártires do claustro, que foi sufragada pola raíña Isabel II e, finalmente, o 13 de outubro de 1998, transferida ao interior do templo, noutra urna colocada sobre o muro da esquerda do altar maior.

Predecesor:
Leonor de Sicilia
 
Raíña consorte da Coroa de Aragón

11 de outubro de 13776 de xaneiro de 1387
Sucesor:
Iolanda de Bar

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Silleras-Fernández 2010.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Reis de Aragón en Medieval Lands (en inglés).
  3. Casa de Barcelona - genealogy Arquivado 05 de outubro de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)
  4. Apelido Foces en Libro de armoría, myheritage (en castelán).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Albertí i Casas, Elisenda (2007): Dames, Reines, abadesses, 18 personalitats femenines a la Catalunya medieval. Barcelona: Albertí Editora, S. L. ISBN 978-84-7246-085-0.
  • Bassegoda Nonell, Joan (1999): "Las tumbas reales de la catedral de Barcelona", Butlletí de la Reial Acadèmia Catalana de Belles Arts de Sant Jordi 13: 237-255.
  • Boscolo, Alberto (1970): Sibila di Fortià, regina d'Aragona. Padova: CEDAM. ISBN 978-88-1323-549-9. [trad. catalá: La reina Sibil·la de Fortià. Barcelona, Rafael Dalmau, 1971. ISBN 978-84-2320-051-1].
  • Riber i Campins, Llorenç (1944): Sibilia de Fortiá. Madrid: Ediciones y Publicaciones Españolas.
  • Roca i Heras, Josep Maria (1928): "La reyna empordanesa", en Sobiranes de Catalunya: recull de monografies històriques, Barcelona: Fundació Concepció Rabell i Cibils, viuda Romaguera, pp. 9–211.
  • Silleras-Fernández, Núria (2010): "Money isn't everithing: Concubinate, Class, and the Rise and Fall of Sibil·la de Fortià, Queen of Aragon", en: Thresa Earenfigth (edit.) Women and Wealth in Late Medievan Europe. Nova York, NY, USA: Palgrave Macmillan. ISBN 978-1-3495-3987-1, pp. 67–83.
  • Sobrequés i Callicó, Jaume e Mercè Morales i Montoya (2011): Contes, reis, comtesses i reines de Catalunya. Barcelona: Editorial Base, col. Base Històrica nº 75. ISBN 978-84-1526-724-9.
  • Tasis i Marca, Rafael (1954): La vida del rei En Pere III. Barcelona: Aedos.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar