Afonso VII
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2010.) |
Afonso Raimúndez, o Emperador, nado en Caldas de Reis o 1 de marzo de 1105 e finado en Fresneda (quizais El Viso del Marqués) o 21 de agosto de 1157, foi rei de Galiza, León e Castela, o primeiro da dinastía de Borgoña. Foi fillo de dona Urraca (filla á súa vez de Afonso VI) e do seu primeiro marido, o conde Raimundo de Borgoña.
Afonso VII | |
---|---|
![]() | |
Rei de Galiza, León, Castela e Toledo. | |
17 de setembro de 1111 - 21 de agosto de 1157 | |
Coroación | 1111 en Compostela, 1135 en León. |
Nacemento | 1 de marzo de 1105 Caldas de Reis |
Falecemento | 21 de agosto de 1157 Serra Morena |
Cónxuxe/s | Berenguela de Barcelona Riquilda de Polonia |
Descendencia | Ver Matrimonio e Descendencia |
Proxenitores | Raimundo de Borgoña Urraca I |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
Afonso VII integrou na monarquía leonesa aquel sector da nobreza galega rebelde que representaba a Casa de Traba. Pero tamén foi o rei que inauguraba a política de apoio á Igrexa, e polo tanto foi o primeiro que aplicou un certo criterio de centralización política.
Rei de Galiza, León e Castela editar
Foi proclamado rei en 1109 polo seu aio, Pedro Froilaz, Conde de Traba; dous anos máis tarde, o 17 de setembro de 1111, o Bispo Diego Xelmírez consagrouno como monarca na catedral compostelá. En realidade, a cerimonia tivo máis de formal que de efectivo; con ela, Pedro Froilaz procuraba que, no caso de que a súa nai, Urraca -casada con Afonso de Aragón- viñese ter un fillo deste, non se visen afectados os dereitos do futuro Afonso VII ao trono e, en todo caso, puidese preservar sempre a herdanza do seu pai, Raimundo de Borgoña. Aínda que algúns historiadores indican que, no acto compostelán, foi proclamado "rei de Galiza", o certo é que as crónicas falan de que o bispo o consagrou apenas como "rei", entendendo, deste xeito, que era o lexítimo herdeiro do seu avó, Afonso VI. O arcebispo Xelmírez, canda Pedro Froilaz e outros nobres galegos dirixíronse a confirmar en León a cerimonia de entronización, mais en Viandangos saíulles ó paso Afonso de Aragón, que presentou batalla, frustrando os plans de Xelmírez.
O 10 de marzo de 1126, á morte da súa nai, foi coroado rei de León e de inmediato emprendeu a recuperación do reino de Castela, que estaba baixo o dominio de Afonso I de Aragón. Coas Paces de Támara de 1127, púxose fin á disputa entre os dous monarcas e Afonso VII foi recoñecido como rei de Castela.
A pesar deste recoñecemento, Afonso tívose que enfrontar ás diversas rebelións suscitadas nos territorios máis próximos a Aragón, debido á longa autonomía que estas rexións atinxiran desde a morte do seu avó, o rei Afonso VI de Castela.
Aspiracións territoriais editar
Após a morte, sen descendencia, do rei navarro-aragonés Afonso I en 1134, Afonso VII pretendeu ao trono, mais sen éxito xa que, finalmente, a sucesión recaeu no irmán de Afonso I, Ramiro II. A pesar disto, Afonso ocupou A Rioxa, conquistou Zaragoza e ditaminou de feito os gobernos de ambos os dous reinos en diante. Desde entón o escudo de Zaragoza figura no escudo de armas do Reino de León. En escaramuzas varias, derrotou o exército navarro-aragonés, sometendo este reino á súa vasalaxe. Apoiado por nobres ao norte dos Pireneos, controlou amplos territorios do sur da Francia, chegando até o río Ródano.
Axudou nas loitas do conde de Barcelona, Ramón Berenguer IV contra os condados cataláns, conseguindo unificar a Marca Hispánica.
En 1135 foi corado imperador nos Reinos Hispánicos na catedral de León polo papa Gregorio VII, expresando así a súa pretensión de hexemonía peninsular e de exclusividade na reconquista. Porén, en 1123 tivo que recoñecer a seu curmán Afonso Henriques (Afonso I de Portugal) como rei de Portugal, así como o matrimonio de Ramón Berenguer IV con Petronila de Aragón, que uniu definitivamente Aragón cos condados cataláns, creando así a Coroa de Aragón. Con este último acordaría os límites da reconquista para cada un dos dous estados.
En 1137, Afonso Henriques adentrouse en terras de Afonso VII e ocupou Tui. A ocupación finalizou trala sinatura do Tratado de Tui.
A entrega dunha póla como símbolo do ben transmitido, cerimonia practicada no reino franco e rara na Península Ibérica, púidose executar talvez en Galiza, achándose presente tamén no Tombo de Caaveiro (século XIII).[1]
Reconquista editar
Desde 1139 levou a cabo expedicións e ataques de saqueo incitando as sublevacións das poboacións almorábides. A invasión dos almohades a partir de 1146 obrigouno a fortificar a fronteira e a pactar co almorábide Ibn Ganiya para organizar a resistencia.
En 1144 chegou até Córdoba e en 1147 tomou Almería xunto co rei de Aragón e Navarra e o conde de Barcelona.
En 1157 os almohades recuperaron o control de Almería e Afonso morreu en canto regresaba a León.
Morte e soterramento editar
No ano 1127, cando se cumpría o vinte aniversario da morte do seu pai, Raimundo de Borgoña, Afonso fixo unha serie de doazóns á Catedral de Compostela que aparecen recollidas no Tombo A[2]; o cabido compostelán acordou recibir ao rei como cóengo e este expresou os seus desexos de ser enterrado na catedral[3]. Os desexos do rei para recibir o enterro en Compostela repítense en 1140 e 1143, e chegou incluso a dispoñer como serían os funerais[4], porén, malia as promesas e os preparativos, o lugar elixido para o seu enterro foi Toledo[5].
Os seus dous fillos repartiron o reino que, de novo, ficou dividido en dous, o Reino de Galiza-León a Fernando II e o Reino de Castela-Toledo a Sancho III.
Matrimonio e descendencia editar
En 1128 casou en Saldaña (Palencia) con Berenguela de Barcelona, filla do conde de Barcelona Ramón Berenguer III e, polo tanto, irmá de Ramón Berenguer IV. Desta unión naceron:
- Sancho III de Castela (1134 - 1158), rei de Castela entre 1157 e 1158.
- Ramón de Castela (1136 - 1151)
- Sancha de Castela (1137 - 1179), casada en 1157 co rei Sancho VI de Navarra.
- Fernando II de Galiza e León (1137 - 1188), rei de Galiza e León entre 1157 e 1188.
- Costanza de Castela (1141 - 1160), casada en 1154 co rei Luis VI de Francia.
- García de Castela (1142 - 1146)
- Alfonso de Castela (1145 - 1149)
En xullo de 1152 casou con Riquilda de Polonia, filla do rei Ladislau II de Polonia. Tiveron dous fillos:
- Fernando de Castela (1153 - 1155)
- Sancha de Castela (1156 - 1208), casada en 1174 co rei Afonso II de Aragón.
Dos seus amoríos con Gontrada Pérez (o Guntroda Díaz) naceu:
- Urraca Afonso de Castela (1126 - 1189), casada en 1144 co rei García Ramírez de Navarra "o Restaurador".
Dous seus amoríos con Sancha Fernández naceu:
Notas editar
- ↑ Pacheco Sampedro, Rogelio (1997). "El signum manuum en el cartulario del monasterio de San Juan de Caaveiro (s. IX-XIII)" (PDF). Signo: revista de historia de la cultura escrita (en castelán) (Universidade de Alcalá) (4): 27–37, en 32–33. ISSN 1134-1165.
- ↑ Lucas Álvarez, Manuel (1997). La documentación del Tumbo A de la catedral de Santiago de Compostela: Estudio y edición. (PDF). ISBN= mkt0003324545. Centro de Estudios e investigación San Isidoro. pp. 244–245.
Dota o seu aniversario co castelo de San Jorge na serra do Pindo.
- ↑ Lucas Álvarez, Manuel (1997). La documentación del tumbo A de la catedral de Santiago de Compostela : estudio y edición (PDF). ISBN= mkt0003324545. Centro de Estudios e Investigación San Isidoro. p. 246.
Debido o seu acceso o cabildo, este prometelle o rei unha serie de privilexios na hora do seu pasamento
- ↑ Lucas Álvarez, Manuel (1997). La documentación del Tumbo A de la catedral de Santiago de Compostela. Estudio y edición (PDF). ISBN= mkt0003324545. Centro de Estudios San Isidoro. pp. 261–263.
- ↑ "Los enterramientos de los reyes de León y Castilla hasta Sancho IV. Continuidad dinástica y memoria regia". e-spania. Consultado o 07/02/2018.
Véxase tamén editar
Afonso VII. O tempo político do emperador galego. |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Afonso VII |
Bibliografía editar
- D. Afonso VII, Rei de Galiza, e o seu aio o Conde de Traba Antonio López Ferreiro, 1885, Reeditado en Noia, Editorial Toxosoutos, 2006 ISBN 0-8122-3452-9.
- The Kingdom of León-Castilla under King Alfonso VII 1126-1157 Bernard F. Reilly, Philadelphia : University of Pennsylvania Press, [1998] ISBN 84-96673-01-4
- López Carreira, Anselmo (2003). Os reis de Galicia. Vigo: Edicións A Nosa Terra. pp. 46–47. ISBN 84-96203-44-1.
Outros artigos editar
- Annales Cambriae
- Historia compostellana
- Robert de Torigni
- Lista de monarcas de Galicia
- Lista de monarcas de León
- O reino medieval de Galicia na historiografía
Afonso VII Nacemento: 1 de marzo 1105 Falecemento: 21 de agosto 1157
| ||
Títulos Reais | ||
---|---|---|
Precedido por Urraca |
Rei de Galiza 1111 – 1157 |
Sucedido por Fernando II |
Rei de León 1126 – 1157 | ||
Rei de Castela 1127 – 1157 |
Sucedido por Sancho III | |
Rei de Toledo 1127 – 1157 | ||
Títulos Honoríficos | ||
Precedido por Novo título |
Emperador 1117-1135 |
Sucedido por – |
Outros títulos | ||
Precedido por Novo título |
Emperador 1135-1157 |
Sucedido por – |