Nuno II Mendes
Nuno II Mendes ou Nuno Meendiz, finado no ano 1071, foi un aristócrata galego, sétimo e derradeiro conde de Portucale. Descendía da liñaxe de Vimara Pérez, o primeiro conde de Portucale.
Nuno II Mendes | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido |
Lugar de nacemento | valor descoñecido |
Falecemento | 18 de xaneiro de 1071 |
Lugar de falecemento | valor descoñecido |
Causa | morto en combate |
Nacionalidade | Reino de León |
Ocupación | político |
Pai | Mendo Nunes |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
TraxectoriaEditar
Nuno II Mendes foi fillo do conde Mendo III Nunes, a quen sucedeu arredor de 1050. O vasto territorio que señoreaba —seu título condal era o máis destacado do reino de Galiza— motivou as aspiracións de Nuno fronte ao propio rei de Galiza, García I, e a reclamar a independencia do seu señorío e o título de rei de Portucale (máis tarde Portugal) xa en 1070. O rei galego atopou estas aspiracións como alta traizón. O 18 de xaneiro de 1071 o rei acode co seu exército ao condado para axustizar a Nuno pola súa traizón, saíndolle ao paso as tropas deste e librándose unha contenda civil na coñecida como batalla de Pedroso, xunto do Mosteiro de Tibães. Esta tivo como desenlace final a derrota de Nuno e a súa morte, acabando así as ambicións dos baróns portucalenses que desexaban un distanciamento do rei.
Sábese que Nuno II Mendes posuía bens en Nogueira, Santa Tegra, Dadim, Cerqueda, Gualtar e Barros (Braga), que probabelmente lle foron confiscados por mor da súa derrota. Cando o rei Afonso VI prendeu a García I cedeullos ao seu xenro, Sisnando Davides.
Nuno II Mendes Nacemento: ? Falecemento: 18 de xaneiro de 1071
| ||
Aristocracia galega | ||
---|---|---|
Precedido por Mendo III Nunes |
Conde de Portucale 1050 - 1071 |
Sucedido por Henrique de Borgoña por feudo outorgado por Afonso VI en 1096 |