Emiliano

emperador romano no ano 25

Marco Emilio Emiliano (en latín, Marcus Aemilus Aemilianus)[a] nado, posiblemente, no 207 ou no 214 e finado en outubro do 253, foi un emperador romano que gobernou só tres meses durante o ano 253.[1][2] Naceu na illa de Xerba, na daquela provincia Mauritania (actual Tunisia). Pouco se sabe da súa vida. Foi cónsul e gobernador de Panonia e Moesia. Estivo casado con Gaia Cornelia Supera e non se sabe moito máis da súa vida persoal.

Emiliano
Aemilian.jpg
Nome completoMarcus Aemilius Aemilianus
Nacemento207
Lugar de nacementoXerba
Falecemento253
Lugar de falecementoSpoleto
NacionalidadeRoma Antiga
Relixiónrelixión na Roma antiga
Ocupaciónpolítico
CónxuxeCornélia Supera
editar datos en Wikidata ]

A súa suba ao tronoEditar

 
Antoniniano co busto de Cornelia Supra, esposa de Emiliano

A paz vergoñenta que acordara cos godos o emperador Treboniano Galo non sentou nada ben no seo do exército. O rei Gniva, quen naquel intre mandaba sobre os dous grupos dos godos, ostrogodos e visigodos, tentou de que lle subisen a súa contribución en ouro, esixindo ao gobernador de Moesia o seu pago. Emiliano, alporizado por esta esixencia, polo pago do tributo e a paz acadada polo emperador, alentou ao seu exército a loitar contra Gniva. Invadiu o seu territorio e venceuno, volvendo os godos mais aló do Danubio, recuperando grandes cantidades de botín e liberando a miles de cidadáns romanos capturados.[3]

Os propios soldados, ao se veren ceibes da humillación á que o tratado de Galo os sometera, nomearon emperador a Emiliano.

O emperador, quen se atopaba en Roma, ao saber deste nomeamento, e, a pesar de que o exército de Emiliano era moi superior, saíu para combatelo, enviando unha mensaxe ao comandante das tropas do Rhin, Valeriano, para que acudise a se xuntar con el para combater esta sublevación. Pero as tropas de Treboniano Galo e Emiliano se atoparon antes, e os lexionarios, ante a superioridade das de Emiliano, mataron o emperador Treboniano Galo e ao seu fillo Hostiliano, para se xuntar coas novas tropas e volver a Roma.

Ao chegar a Roma, o Senado recoñeceu ao novo Emperador. Pero Valeriano, que se puxera en marcha cara a Italia, non recoñeceu este nomeamento, e continuou o seu avance. De novo repetiuse a historia, xa que as tropas de Emiliano, ao ver a superioridade das de Valeriano, matan a Emiliano, rematando o seu reinado en pouco mais de 80 días, polo que poucas cousas se saben do seu goberno.

Valeriano entrou en Roma a finais do 253, sendo recoñecido inmediatamente como novo emperador, xa que ademais era de familia senatorial.

Segundo fontes antigas, Emiliano exerceu o seu breve mandato de forma moderada e mantivo boas relacións co Senado. Os autores antigos xa o consideraban un emperador de transición dende a época dos emperadores soldados. Eutropio coméntao:[b] «Emiliano procede dunha familia sen importancia, o seu reinado foi aínda menos importante e no seu terceiro mes foi asasinado».

NotasEditar

  1. Nas moedas pararece con nomes: Marco Emiliano, Caio Emiliano e Xulio Emiliano.
  2. Eutropio, Breviarium ab urbe condita IX, 6: Aemilianus obscurissime natus obscurius imperavit ac tertio mense extinctus est..
Referencias
  1. Maas (2012), p. LXXV.
  2. Kulikowski & (2016), p. 480.
  3. Zósimo, século VI

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Kulikowski, Michael (2016). Imperial Triumph: The Roman World from Hadrian to Constantine (AD 138–363) (en inglés). Londres: Profile. ISBN 9781847654373. 
  • Maas, Michael (2012). Readings in Late Antiquity: A Sourcebook (en inglés). Abingdon-on-Thames: Routledge. ISBN 9781136617034. 
Imperio Romano

Segue a:
Treboniano Galo
Emiliano
Precede a:
Valeriano
Crise do século III