José Antonio Labordeta
José Antonio Labordeta Subías, nado en Zaragoza o 10 de marzo de 1935 e finado na mesma cidade o 19 de setembro de 2010[1], foi un cantautor, escritor e político aragonés.
Unha das voces máis comprometidas e entrañables da canción de autor españolaComunicado da SGAE[2]
Traxectoria
editarJosé Antonio Labordeta foi o cuarto fillo de entre sete irmáns. O seu pai, Miguel Labordeta, era un catedrático de latín, militante de Izquierda Republicana e propietario dun colexio, que despois do triunfo da sublevación franquista, foi represaliado e viuse obrigado a renunciar á súa cátedra. José Antonio Labordeta estudou ata o bacharelato en Zaragoza, e posteriormente na mesma cidade matriculouse en Dereito, pero non o rematou.
En 1960 rematou a carreira de Filosofía, e neses anos frecuentou o faladoiro do café Niké, e colaborou coa revista literaria local Orejudín entre 1958 e 1959. En 1961 marchou a Aix-en-Provence como lector de español. Á volta, en 1963, casou con Juana de Grandes. Ambos marcharon para Teruel, onde exerceron como profesores no colexio dun amigo, e alí obtivo Labordeta o seu primeiro destino logo de aprobar as oposicións a profesor de secundaria. Nesa época en Teruel coñeceu a Joaquín Carbonell co que debutou como cantante en novembro de 1968, xunto a Cesáreo Hernández, na localidade de Belchite.
O cantante
editarDese primeiro concerto en Belchite naceu o primeiro disco de quen foi considerado un dos principais representantes da "canción de autor" española. Comezou a súa carreira musical en 1963, destacando os seus álbums Cantar y callar (1974), Tiempo de espera (1975) e Las cuatro estaciones (1981).
O escritor
editarEn 1969 participou na creación do grupo Andalán, xunto con Eloy Fernández Clemente, e xuntos os dous regresaron en 1970 a traballos en Zaragoza. En 1973 ese grupo deu á luz a revista homónima, con carácter quincenal. Nos anos 80 abandonou a docencia e dedicouse por completo á música, á literatura e ás súas colaboracións en cinema e televisión.
É autor de varios libros de poemas, unha novela (Cada cual que aprenda su juego, 1974) e unhas memorias (Con la voz a cuestas, 1982). Entre os seus últimos títulos destacan Aragón en la mochila (1983), Los amigos contados (1994) e Un país en la mochila (1995). Realizou e presentou o programa de Televisión Española Un país en la mochila, parte do cal contén percorridos por Galicia.
O político
editarNas primeiras eleccións democráticas españolas presentouse nas listas da extinta formación Partido Socialista de Aragón, que tamén axudara a fundar. En 1979 apoiou as candidaturas do PCE e logo pasou a un segundo plano ata que nas eleccións ao Senado de 1989 se presentou nunha candidatura de Izquierda Unida, pola que non saíu elixido.
Tamén sen éxito, encabezou a lista da Chunta Aragonesista nas eleccións ao Congreso de 1996, pola circunscrición de Zaragoza. En 2000, porén, conseguiu o escano no Congreso dos Deputados, que revalidou en 2004. Durante a súa participación no Congreso como único deputado da Chunta, conseguiu moita repercusión nos medios: opúxose ao Plan Hidrológico Nacional e a invasión de Iraq. A inicios do ano 2008 anunciou que non se presentaría á reelección en 2008, xa enfermo.
Obra
editarMúsica
editar- Cantar y no callar (1974)
- Tiempo de espera (1975)
- Las cuatro estaciones (1981)
- Qué queda de ti, qué queda de mí(1984)
- Aguantando el temporal (1985)
- Tú y yo y los demás (álbum en directo coa colaboración de Paco Ibáñez, Imanol, Joaquín Sabina, Ruibal e Ovidi Montllor, 1987)
- Qué vamos a hacer (1987)
- Trilce (1989)
- Canciones de amor (1993)
- Recuento (álbum en directo, 1995)
- Paisajes (1997)
- 30 temas (2001)
- Con la voz a cuestas (2001).
Literatura
editar- Sucede el pensamiento, 1959
- Sonatas, 1965
- Cantar y no callar, 1974.
- Cada cual que aprenda su juego, 1974
- Con la voz a cuestas, 1982
- Aragón en la mochila, 1983
- Los amigos contados, 1994
- Un país en la mochila, 1995
- Tribulatorio
- Método de lectura
- Tierra sin mar
- Memorias de un beduino en el Congreso de los Diputados
- Regular, gracias a Dios, 2010.
- Historia de Paletonia, 2011.
Televisión
editar- Adaptación para televisión da obra Del Miño al Bidasoa, de Camilo José Cela
- Un país en la mochila.
Galardóns
editarFoille concedida a Medalla de Aragón, a máxima distinción desa comunidade, a título póstumo.[3] Tamén recibiu a Medalla “Juan de Lanuza”, a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo, a Gran Cruz da Orde de Afonso X O Sabio e en 2010 foi investido doutor honoris causa pola Universidade de Zaragoza.
Persoal
editarFoi irmán do poeta Miguel Labordeta.
Estaba casado e tivo tres fillas. Faleceu dun cancro de próstata.
Notas
editar- ↑ José Antonio Labordeta falece á idade de 75 anos, nova en El Progreso o 19 de setembro de 2010.
- ↑ Labordeta, o home que levou a poesía ao Parlamento Arquivado 22 de setembro de 2010 en Wayback Machine., artigo en Xornal de Galicia o 20 de setembro de 2010.
- ↑ El Rey Juan Carlos: "Se ha ido un gran amigo", El Heraldo de Aragón, 19/9/2010.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Antonio Labordeta |