A próstata (do grego προστάτης - prostates, literalmente "o que está primeiro", "protector", "gardián") é un órgano glandular do aparato xenitourinario, exclusivo dos homes, con forma de castaña, localizada enfronte do recto, debaixo e á saída da vexiga urinaria. Contén células que producen parte do líquido seminal que protexe e nutre os espermatozoides contidos no seme.

Esquema da próstata e a súa localización.

O día 15 de setembro celébrase o Día Europeo da Saúde Prostática [1]. Con esta celebración preténdese visibilizar unha enfermidade que afecta, na súa forma benigna (hiperplasia benigna de próstata) ó 50% dos varóns de máis de 50 anos ata o 88% dos varóns de máis de 90 anos. A forma maligna, o cáncer de próstata, representa o 22% dos cánceres nos pacientes varóns e, aínda ten unha taxa de curación do 90% cando se realiza un diagnóstico precoz, é a terceira causa de mortalidade masculina por cáncer [2].

Funcións editar

A glándula prostática achega:

Xusto encima e aos lados da glándula prostática atópanse as vesículas seminais que producen a maioría do líquido seminal. A próstata rodea a primeira parte da uretra, conduto polo que circulan os ouriños e o seme ata o pene.

As hormonas masculinas estimulan a glándula prostática desde o desenvolvemento do feto. A próstata continúa o seu crecemento ata a xuventude. A partir dos corenta ou cincuenta anos comeza a hipertrofiarse, sendo o único órgano en medrar nestas idades.

Exame editar

A próstata é palpada polo médico na exploración física mediante tacto rectal. As probas de imaxe que visualizan a próstata son a ecografía transrectal, a tomografía axial computerizada e a resonancia magnética nuclear, principalmente.

Drenaxe linfática editar

A drenaxe linfática da próstata realízase a través de vasos linfáticos que drenan na superficie exterior da próstata formando a rede periprostática, que drena tanto nos ganglios da cadea ilíaca externa, como en ganglios sacros e ganglios hipogástricos.

Zonas da próstata editar

Na próstata pódense distinguir varias zonas, pero as máis importantes ecograficamente son:

  • Estroma fibromuscular; esténdese posterolateralmente e forma a cápsula
  • A zona transicional, próxima ao verum montarum e ao tecido glandular periuretral.
  • A zona central, que rodea á zona de transición. É o asento da hipertrofia de próstata.
  • A zona periférica ou marxinal, que é onde se adoita localizar o cancro, ocupa o 75% do volume total.

Enfermidades máis frecuentes editar

As enfermidades máis frecuentes da próstata son:

Resposta Sexual Masculina editar

Durante o orgasmo, o esperma é transmitido desde os condutos deferentes á uretra, a través dos condutos exaculadores que entran na próstata. A próstata é con frecuencia chamada "o Punto G masculino". Algúns homes son capaces de alcanzar un orgasmo unicamente a través da estimulación da próstata, xa sexa unha masaxe prostática ou relacións sexuais anais. As sensacións da estimulación prostática son a miúdo similares ás descritas por mulleres acerca da estimulación do Punto G.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

  1. "Día Europeo de la Salud Prostática" (en castelán). Consultado o 2022-11-20. 
  2. "Cáncer de próstata", en La Voz de Galicia 15.09.2020.