Exame médico

(Redirección desde «Exploración física»)

O exame médicoexploración física ou exame clínico é o conxunto de manobras que realiza un médico para obter información sobre o estado de saúde dunha persoa. A ciencia encargada do seu estudo denomínase Semioloxía clínica. A exploración clínica realízaa o médico ó paciente, despois dunha correcta anamnese na entrevista clínica, para obter unha serie de datos obxectivos ou signos clínicos que estean relacionados cos síntomas que refire o paciente. A información conseguida mediante a anamnese e a exploración física rexístrase na historia clínica, e é a base dun xuízo clínico inicial a partir do cal se solicitan ou non determinadas exploracións complementarias, que confirmen o diagnóstico médico dunha síndrome ou doenza.

Exploración física dun paciente.

En moitas ocasións unha correcta exploración clínica, acompañada dunha boa anamnese, axuda a estabelecer un diagnóstico sen necesidade da realización de probas clínicas ou exploracións complementarias máis complexas e custosas. Ademais, a exploración física establece un contacto físico estreito entre o médico e o paciente, conseguindo así confianza na relación médico-paciente.[1]

Notas editar