Ganglio linfático

Para os ganglios do sistema nervioso ver ganglio.

Un ganglio linfático é unha formación vascular que pertence ao sistema linfático. Os vasos linfáticos drenan todo o corpo agás o sistema nervioso central. Recollen líquidos e transpórtano cara á circulación venosa. Ademais de para transportar substancias serve tamén como filtro inmunolóxico, xa que contén numerosas células inmunes encargadas de eliminar substancias alleas ao organismo.

Ganglio linfático
Estrutura dun ganglio linfático: 1. Vaso linfático eferente 2. Sinus 3. Nodule 4. Cápsula 5. Medula 6. Válvula para previr o fluxo inverso 7. Vaso linfático aferente.
Ganglio linfático, mostrando a cápsula (1), subcapsular sinus (2), germinal centers (3), lymphoid nodule (4) e trabeculae (5).
Latín nodus lymphoideus

O ganglio é unha estrutura esférica, de pequeno tamaño, que se adoita agrupar en puntos concretos, coma a axila. Recolle linfa de varios condutos, concéntraa e o sistema inmune "revísaa". Do ganglio sae un vaso eferente, que se dirixe a outro grupo linfático ou á circulación venosa.

No caso do aparello dixestivo, existe unha rede linfática que transporta substancias da dieta cara ao sistema venoso. No caso das graxas, a célula do intestino delgado descompón o ácido graxo e empaquétao nunha estrutura de transporte, o quilomicron. Os quilomicrons son enviados ao sistema linfático, que finalmente os deposita na vea subclavia.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  • Wheater's. Histología funcional (en castelán).