Eva Herzigová
Eva Herzigová, nada en Litvínov o 10 de marzo de 1973 é unha supermodelo e actriz checa.
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de marzo de 1973 (51 anos) Litvínov, República Checa (pt) |
Altura | 180 cm |
Peso | 60 kg |
Cor dos ollos | Verde |
Cor do pelo | Louro |
Actividade | |
Campo de traballo | Modelaxe |
Ocupación | modelo, actriz, actriz de cinema |
Familia | |
Cónxuxe | Tico Torres (1996–1998) |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | evaherzigova.com |
|
Traxectoria
editarHerzigová naceu en Litvínov, entón en Checoslovaquia, filla dunha contable e un electricista.[1] Comezou a traballar como modelo tras gañar un concurso de beleza en Praga en 1989. Foi membro de Metropolitan Models, de Thomas Zeumer.[2]
Tras chegar a París, a súa popularidade aumentou. A súa primeira aparición importante como modelo foi para a primeira campaña do Wonderbra. En 1994, o executivo de publicidade Trevor Beattie, que traballaba para TBWA/London, creou un anuncio para a campaña "Hello Boys" de Sara Lee. Incluía un primeiro plano de Herzigová levando un Wonderbra negro. O anuncio empregaba só dúas palabras: "Hello boys" ("Ola, rapaces"). O influente póster mostrouse nunha exposición no Victoria and Albert Museum de Londres[3] e foi votado no número 10 nun concurso do "Póster do Século".[4] O cartel foi votado en 2011 como o anuncio máis icónico das cinco décadas anteriores por parte de Outdoor Media Centre.[5]
Herzigová tamén participou en campañas para Guess?, o catálogo de Victoria's Secret e Sports Illustrated. Apareceu en numerosas revistas de moda internacionais, tendo portadas en Vogue, Harper's Bazaar, Elle, Marie Claire, Numéro e Allure. Desfilou para diferentes deseñadores como Louis Vuitton, Benedetta Dubini, Giles Deacon, Emilio Pucci e Versace.
Herzigová protagonizou un filme artístico sobre moda de Imagine Fashion chamado Decadent Control con Roberto Cavalli. Amosaba creacións de Agent Provocateur e H&M. Herzigová posou para a edición de agosto de 2004 de Playboy.[6] En 2006, interpretou a Venus na cerimonia inaugural dos Xogos Olímpicos de Inverno. En 2016, Herzigová apareceu en campañas para Giorgio Armani e Dior Beauty.
Vida persoal
editarHerzigová casou con Tico Torres, batería de Bon Jovi, en setembro de 1996.[7] A parella divorciouse en xuño de 1998.[8]
Herzigová ten tres fillos con Gregorio Marsiaj: George (nado o 1 de xuño de 2007), Philipe (nado o 13 de marzo de 2011) e Edward (nado o 20 de abril de 2013).[9][10]
Filmografía
editarTítulo | Ano | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
Inferno | 1992 | Telefilme | |
Les Anges gardiens | 1995 | Tchouk Tchouk Nougat | |
My Best Friend's Wife | 1998 | Frida Seta | |
Just for the Time Being | 2000 | Christine | |
Modigliani | 2004 | Olga Khokhlova | |
The Picture of Dorian Gray | 2005 | sen acreditar | |
Eva | 2005 | ela mesma | curtametraxe de Gaspar Noé |
Girl Panic! | 2011 | Nick Rhodes | vídeo musical de Duran Duran |
Cha cha cha | 2013 | Michelle | |
Storyteller | 2014 | ||
A Prominent Patient | 2017 |
Notas
editar- ↑ Anderson, Hephzibah (8 de xuño de 2008). "Eco Herzigova". The Guardian. Consultado o 26 de xullo de 2019.
- ↑ "Amerikas Superstar "50 Cent" bei Saadi Gaddafi". Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2007. Consultado o 17 de xaneiro de 2008.
- ↑ "Power of the poster reveals a bigger picture". The Independent (UK). 2 de marzo de 1998. Arquivado dende o orixinal o 5 de outubro de 2007. Consultado o 22 de xuño de 2007.
- ↑ Gibson, Janine (16 de outubro de 1999). "Tory advert rated poster of the century". Londres: The Guardian Unlimited. Consultado o 22 de xuño de 2007.
- ↑ "Eva Herzigova’s Wonderbra campaign voted the most iconic ad". International Business Times. 5 de abril de 2011. Consultado o 14 de novembro de 2011.
- ↑ Hefner, Hugh, ed. (1 de agosto de 2004). "Playboy Magazine, August 2004". Playboy – vía Amazon.
- ↑ Vogue
- ↑ "Supermodel Eva Herzigova splitting with hubby". CNN. 16 de xuño de 1998. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2020. Consultado o 26 de xullo de 2019.
- ↑ Barnett, Leisa (29 de maio de 2008). "Eva Herzigova wants son to be a linguist". Vogue. UK. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2011. Consultado o 14 de abril de 2011.
- ↑ "Eva Herzigova Gives Birth To Second Child" Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. 29 de marzo de 2011, Star Pulse.com
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eva Herzigová |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial
- Eva Herzigová en Fashion Model Directory