José Costa Alonso

sindicalista galego

José Costa Alonso, nado en Tirán (Moaña) o 10 de marzo de 1887 e finado en Moaña o 13 de decembro de 1960, foi un sindicalista galego.

José Costa Alonso
Nacemento10 de marzo de 1887
Lugar de nacementoTirán
Falecemento13 de decembro de 1960
Lugar de falecementoMoaña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Presidiu a confraría de pescadores de Moaña (1921), dirixiu a sección de asuntos sociais do Sindicato Provincial da Pesca, presidiu a Federación Galega de Pósitos Marítimos e foi inspector do Instituto Social da Mariña. Foi concelleiro de Moaña durante a ditadura de Primo de Rivera. Dirixiu o xornal Galicia Marítima. Publicou diversos artigos de pesca en Faro de Vigo e as súas memorias.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar