Vicente

nome masculino
(Redirección desde «Vítor»)

Vicente ou Vicenzo son dúas variantes galegas dun antropónimo masculino. Ten a súa orixe no latín Vincentius, relativo á palabra "vincens", que significa "vencedor", "conquistador", ou "sedutor". Tamén é coñecido como o sinónimo de Vítor que deriva de vitoria, é dicir, tamén significa o que nunca perde, ou o mellor.

San Vicente Mártir.

Variantes editar

  • Feminino (galego): Vicenta ou Vicenza.

O nome en Galicia editar

O nome foi moi común en Galicia, xa que existen numerosas parroquias onde o patrón é San Vicente, exactamente 31 na variante San Vicenzo (véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vicenzo) e 67 coa variante San Vicente (véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vicente). No ano 2016 en Galicia un total de 3529 persoas levaban como nome Vicente, mentres eran 6 na versión Vicenzo. Na súa forma feminina, Vicenta estaban rexistradas 437 persoas[1].

Variantes noutras linguas editar

Variantes noutras linguas
Castelán Vicente
Catalán Vicenç
Checo Vincenc
Éuscaro Bixente
Francés Vincent
Galego Vicente / Vicenzo
Húngaro Vince
Inglés Vincent
Italiano Vincenzo[2]
Irlandés Uinseann
Lituano Vincentas
Polaco Wincenty
Portugués Vicente
Ruso Викентий
Sueco Vincent

Santoral editar

Relixión editar

Santos editar

Notas editar

  1. "IGE". Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2019. Consultado o 28 de abril de 2019. 
  2. (it) Segundo unha estimación do ano 2000 era o oitavo nome masculino italiano máis común LIOn, (Laboratorio Internazione di Onomastica) - Clasificación Onomásticas: nomes masculinos en Italia no século XX

Véxase tamén editar

Outros artigos editar