Giuseppe Tavani

filólogo italiano

Giuseppe Tavani, nado en Roma o 21 de marzo de 1924 e finado o 22 de marzo de 2019, foi un filólogo italiano[1].

Giuseppe Tavani
Giuseppe Tavani no IES Manuel García Barros, A Estrada.
Nacemento21 de marzo de 1924 e 1924
Lugar de nacementoRoma
Falecemento22 de marzo de 2019
NacionalidadeItalia e Reino de Italia
Ocupaciónfilólogo, tradutor e romanista
CónxuxeGiulia Lanciani
EstudosFiloloxía Románica
PremiosCreu de Sant Jordi, Medalla Castelao, doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela e Premi Internacional Ramon Llull
Na rede
Bitraga: 309
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Giuseppe Tavani foi catedrático de Filoloxía Románica da Universidade de Roma I e un dos principais estudosos da poesía lírica galego-portuguesa medieval. Foi nomeado doutor honoris causa das Universidades de Santiago de Compostela e de Barcelona. Foi socio do Institut d´Estudis Catalans e da Academia das Ciências de Lisboa, e un prestixioso especialista da literatura galego-portuguesa, catalá[2], provenzal e francesa.

Ademais, Giuseppe Tavani tamén é tradutor de obras literarias galegas e portuguesas para o italiano.

Obra Editar

  • Poesia catalana di protesta (1968)
  • Preistoria e protostoria delle lingue ispaniche (1968)
  • Raimon, canzoni contro (1971)
  • Foix, Pere Quart, Espriu: tres maneres de fer poesia (1976)
  • Méthodologie et pratique de l'édition critique des textes littéraires contemporains (1985)
  • A poesía lírica galego-portuguesa (1986, Galaxia)
  • "Martin Codax, o seu cancioneiro e o pergaminho Vindel" en Ensaios portugueses, Imprensa Nacional-Casa da Moeda, Lisboa, 1988, pp. 267–285.
  • A poesía de Airas Nunez (1992, Galaxia)
  • Dicionário da Literatura medieval Galega e Portuguesa (1993), sendo coordinadores Giulia Lanciani e G. Tavani.
  • Breu història de la llengua catalana (1994)
  • As cantigas de escarnio (1995), en colaboración con Giulia Lanciani.
  • Per una història de la cultura catalana medieval (1996).

Notas Editar

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

Ligazóns externas Editar