Literatura portuguesa

Coñécese como literatura portuguesa a literatura escrita en lingua portuguesa por escritores de Portugal, excluíndo a literatura brasileira e a feita noutros países lusófonos, así como as obras escritas en Portugal en linguas distintas do portugués, como o latín ou o castelán.

Portada da primeira edición da obra Os Lusíadas, o poema épico nacional.

HistoriaEditar

Os comezos da literatura portuguesa atópanse na poesía medieval galego-portuguesa desenvolvida orixinalmente en Galiza e o norte de Portugal. Despois desta etapa, no Renacemento chegou a Idade de Ouro cos escritos de Gil Vicente, Bernardim Ribeiro, Sá de Miranda e en especial o gran lírico Luís de Camões, autor do poema épico nacional Os Lusíadas.

O século XVII caracterizouse pola introdución do barroco en Portugal, sendo considerado en xeral como un século de decadencia literaria a pesar da existencia de escritores como António Vieira, Manuel Bernardes e Francisco Rodrigues Lobo. Os escritores do século XVIII para contrarrestar unha certa decadencia da etapa barroca, fixeron un esforzo por recuperar o nivel da Idade de Ouro a través da creación de academias e arcadias literarias.

No século XIX, os ideais neoclásicos foron abandonadas e onde Almeida Garrett introduce o Romanticismo, seguido por Alexandre Herculano e Rebelo da Silva. Entre as novelas da segunda metade do século XIX, desenvólvese o realismo, de características naturalistas, cuxos expoñentes inclúe a Eça de Queiroz, Ramalho Ortigão e Camilo Castelo Branco.

Durante o século XX as tendencias literarias están representados principalmente por Fernando Pessoa, considerado como o gran poeta nacional á par con Camões, mentres que nos seus últimos anos destaca o desenvolvemento da ficción en prosa grazas a autores como António Lobo Antunes e o gañador do Premio Nobel de Literatura José Saramago.

EscolasEditar


 
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.