António Vieira

António Vieira, nado en Lisboa o 6 de febreiro de 1608 e finado en Salvador (Brasil) o 18 de xullo de 1697, máis coñecido como Padre António Vieira ou Padre Antônio Vieira, foi un relixioso, filósofo, escritor e orador português da Compañía de Xesus.

António Vieira
Padre António Vieira.jpg
Nacemento6 de febreiro de 1608
 Lisboa
Falecemento18 de xullo de 1697
 Salvador
NacionalidadeImperio Portugués
Relixióncatolicismo
Ocupaciónfilósofo, escritor, relixioso cristián, orador, diplomático, historiador e misioneiro
Padre António Vieira Assinatura.jpg
editar datos en Wikidata ]

Unha das máis influentes personaxes do século XVII en termos da política e oratoria, destacouse como misioneiro en terras brasileiras. Nesta calidade, defendeu incansabelmente os dereitos dos pobos indíxenas combatendo a súa explotación e escravización e facendo a súa evanxelización. Era por eles chamado "Paiaçu" (Grande Padre/Pai, en tupí).

António Vieira defendeu os xudeus, a abolición da distinción entre cristiáns-novos (xudeus convertidos, perseguidos na época pola Inquisición) e cristiáns-vellos (os católicos tradicionais), e a abolición da escravitude. Criticou tamén severamente os sacerdotes da súa época e a propia Inquisición.

Na literatura, os seus sermóns posúen considerábel importancia no barroco brasileiro e portugués.

TraxectoriaEditar

 
Seis volumes dos Sermões, expostos nunha Biblioteca Municipal, no Brasil.

Nacido en lar humilde, na Rúa do Cónego, freguesía da Sé, en Lisboa, foi o primoxénito de catro fillos de Cristóvão Vieira Ravasco, de orixe alentexana cuxa nai era filla dunha mulata ou africana, e de Maria de Azevedo, lisboeta.[1][2][3]

Cristóvão serviu na Mariña Portuguesa e foi, por dous anos, escribán da Inquisición. Mudouse para o Brasil en 1614, para asumir o cargo de escribán en Salvador, na Bahia, mandando vir a familia en 1618.

No BrasilEditar

António Vieira chegou á Bahia, onde en 1619 seu pai pasou a traballar como escribán no Tribunal da Relación da Bahia, o que motivou a vinda de toda a familia. En 1614, iniciou os primeiros estudos no Colexio dos Jesuítas de Salvador,[4] onde, principiando con dificultades, veu a tornarse un brillante alumno.[5] Segundo o propio frade, foi a partir dun "estalo" na cabeza que, de súbito, todo clareou: pasou a entender con facilidade e a gardar todo o que lía na memoria. Até hoxe moitos se refiren a un fenómeno semellante a ese como "o estalo de Vieira".[6]

Ingresou na Compañía de Xesus como novizo o 5 de maio de 1623.[7] En 1624, cando a invasión holandesa de Salvador, refuxiouse no interior da capitanía, onde se iniciou a súa vocación misioneira. Un ano despois tomou os votos de castidade, pobreza e obediencia, abandonando o noviciado. En 1626, os seus talentos como escritor xa eran recoñecidos e ficou encargado de escribir e traducir para o latín a "Carta Ânua", que era un informe anual dos traballos da Provincia da Compañía de Xesus, que era encamiñada ao Superior-Xeral da Compañía en Roma.[7]

Proseguiu os seus estudos en Teoloxía, estudando aínda Lóxica, Metafísica e Matemática, obtendo o mestrado en Artes. A partir do final de 1626 ou do inicio 1627, comezou a actuar como profesor de Retórica en Olinda. Retornou a Salvador para completar os seus estudos, onde o 10 de decembro de 1634, foi ordenando sacerdote.[7] Nesta época xa era coñecido polos seus primeiros sermóns, tendo fama de notábel predicador. En 1638, foi nomeado como profesor de teoloxía do Colexio Xesuíta de Salvador[8].

Cando a segunda invasión holandesa ao Nordeste do Brasil (1630-1654), defendeu que Portugal entregase a rexión aos Países Baixos, pois gastaba dez veces máis co seu mantemento e defensa do que o que obtiña en contrapartida, alén do feito de que os Países Baixos eran un inimigo militarmente moi superior na época. Cando apareceu unha disputa entre Dominicos (membros da Inquisición) e Xesuítas (catequistas), Vieira, defensor dos xudeus[9], caeu en desgraza, enfraquecido pola derrota da súa posición canto á cuestión da guerra.

En PortugalEditar

Tras a Restauración da Independencia (1640), en 1641 regresou a Lisboa iniciando unha carreira diplomática, pois integraba a misión que ía ao Reino prestar obediencia ao novo monarca.

O 1º de xaneiro de 1642, predicou o "Sermão dos Bos Anos" na Capela Real, que tivo un forte teor político, no cal criticou os tempos nos cales Portugal foi controlado por casteláns e no cal asociou o sebastianismo a João IV e á restauración da independencia de Portugal.[7]

Sobresaíndo pola vivacidade de espírito e como orador, conquistou a amizade e a confianza de João IV de Portugal, sendo por el nomeado embaixador e posteriormente predicador rexio. Aínda como diplomático, foi enviado en 1646 aos Países Baixos para negociar a devolución do Nordeste do Brasil, e, no ano seguinte, á Francia. Caloroso adepto de obter para a Coroa a axuda financeira dos cristiáns-novos, entrou en conflito co Santo Oficio, mais viu fundada a Companhia Geral do Comércio do Brasil. En Portugal, había quen non gustaba das súas predicacións en favor dos xudeus.

De novo no BrasilEditar

Tras tempos conturbados acabou volvendo ao Brasil, onde, entre o 16 de xaneiro de 1653 e setembro de 1661, estivo no liderado da Misión no Maranhão e no Grão-Pará, sempre defendendo a liberdade dos indios. En 1653, proferiu o "Sermão da Primeira Dominga de Quaresma" en São Luís do Maranhão, no cal tentou convencer os señores de enxeño a liberaren os seus escravos indíxenas. A súa loita contra a escravitude dos pobos nativos da América estaba asociada á súa crenza de que a colonización portuguesa tería como misión converter aqueles pobos para a fe católica[10].

Entre 1658 e 1660, escribiu o "Regulamento das Aldeias[11]", máis coñecido como a "Visita de Vieira", por medio do cal estabeleceu as directrices das misións relixiosas na Amazonia, que, con pouquísimas mudanzas, perduraron por máis dun século. Ese documento tratou do cotián da acción misioneira, envolvendo desde os métodos de adoutrinamento até a disposición do espazo de vivenda dos misioneiros e indios. Esas regras non eran de aplicación restrinxida aos jesuítas, pois tiveron que ser seguidas tamén polas outras congregacións.[12]

Di o Padre Serafim Leite[13] que Vieira ten "para o norte do Brasil, de formación tardía, só o século XVII, papel idéntico ao dos primeiros xesuítas no centro e no sur», na «defensa dos indios e crítica de costumes". "Manuel da Nóbrega e António Vieira son, efectivamente, os máis altos representantes, no Brasil, do criticismo colonial. Vían xusto - e clamaban!"

Naufraxio nos AzoresEditar

En 1654, pouco despois de proferir o célebre Sermão de Santo António aos Peixes en San Luís, no estado do Maranhão, o padre António Vieira partiu para Lisboa, xunto con dous compañeiros, a bordo dun navío cargado de azucre.[14] Tiña como misión defender xunto ao monarca os dereitos dos indíxenas escravizados, contra a cobiza dos colonos portugueses. Tras cerca de dous meses de viaxe, xa á vista da illa do Corvo, no Oeste dos Azores, abateuse sobre a embarcación unha violenta tempestade. Mesmo recollidas as velas, á excepción do traquete, correndo o navío á capa, unha bátega máis forte arrancou esta vela, facendo a embarcación adernar a estribor. En pleno mar revolto, na inminencia do naufraxio, o padre concedeu a todos absoluciónxeral, bradando aos ventos:

"Anjos da guarda das almas do Maranhão, lembrai-vos que vai este navio buscar o remédio e salvação delas. Fazei agora o que podeis e deveis, não a nós, que o não merecemos, mas àquelas tão desamparadas almas, que tendes a vosso cargo; olhai que aqui se perdem connosco."[15]

Tras esa exortación, obtivo de todos a bordo un voto a nosa Señora de que lle rezarían un terzo todos os días, no caso de que escapasen á morte inminente. Aínda por un cuarto de hora o navío permaneceu adernado até que os mastros se partiron. Co peso da carga, estivada até ás escotilhas, o navío volveu á posición normal, permanecendo á deriva, ao dispor dos elementos.

Nese episodio outra embarcación foi avistada, mais sen que prestase calquera auxilio. Ao caer da noite a mesma retornou, mais tratábase dun corsario holandés que recolleu os náufragos a bordo e pillou a embarcación á deriva, que acabou por ser afundida. Nove días máis tarde, corenta e un portugueses, desposuídos das súas pertenzas persoais, foron desembarcados na Graciosa, onde o padre António Vieira, co auxilio dos relixiosos da Compañía de Xesus, procurou providenciarlles roupas, calzado e diñeiro durante os dous meses que permaneceron na illa. De alí, tamén, acreditou Jerónimo Nunes da Costa para que este fose a Ámsterdam rescatar os papeis e libros que lle foran tomados polos corsarios, o que se cre que fora cumprido unha vez que dispomos hoxe de cerca de douscentos sermóns (este naufraxio é relatado no vixésimo-sexto) e cerca de 500 cartas do relixioso, moitas das cales anteriores ao naufraxio.

O grupo pasou axiña á Illa Terceira, onde Vieira obtivo o aprestamento dunha embarcación para que os seus compañeiros de infortunio puidesen seguir para Lisboa. Instalado no Colexio dos Xesuítas en Angra, el permaneceu algún tempo máis, instituíndo a devoción do terzo, que por primeira vez foi cantado na Ermida da Boa Nova. Entre os sermóns que dixo en diversos locais da illa, destacouse o que proferiu na Igrexa da Sé, na Festa do Rosario, celebrada anualmente o 7 de outubro, con aquel templo repleto.

Unha semana máis tarde, Vieira pasou á Illa de San Miguel, onde proferiu o sermón de Santa Teresa, un dos máis destacados de súa autoría. De alí partiu para Lisboa, a bordo dun navío inglés, o 24 de outubro. Tras atravesar unha nova tempestade, o relixioso chegou finalmente ao destino, en novembro de 1654.

En Portugal, outra vezEditar

En setembro de 1661 tivo que deixar o Estado do Maranhão e Gran-Pará por reaccións contrarias ás súas accións contra a escravitude dos pobos nativos.[14]

En Portugal, António Vieira tornouse confessor da “rexente”, D. Luísa de Gusmão que foi a primeira raíña de Portugal da cuarta dinastía, no entanto esa foi deposta en xuño de 1662, por D. Afonso VI, que non era favorábel ao xesuíta.[7]

Abrazou a profecía Sebastiana e por iso entrou en novo conflito coa Inquisición que o acusou de herexía, inicialmente, con base nunha carta de 1659 ao bispo do Xapón na cal expuña a súa teoría do quinto imperio segundo a cal Portugal estaría predestinado a ser cabeza dun gran imperio do futuro.

Foi condenado por un conxunto de manuscritos sebastianistas: Quinto Império; Historia do Futuro e Chave dos Profetas e ficou recluso nun Colexio dos xesuítas en Coímbra, entre o 1º de outubro de 1665 e o 23 de decembro de 1667, cando a súa reclusión foi trasladada para a Casa do Noviciado dos xesuítas en Lisboa. O 30 de xuño de 1668, recibiu o perdón das penas.[16]

En RomaEditar

En agosto de 1669, mudouse para Roma[16], onde ficou 6 anos. Oficialmente, o motivo de súa viaxe era o de defender a canonización dos "Corenta Mártires Xesuítas" (1570), mais tamén procurou ser reabilitado e combater a Inquisición Portuguesa[10].

Encontrou o Papa á beira da morte, mais deslumbrou a Curia cos seus discursos e sermóns. Con apoios poderosos, renovou a loita contra a Inquisición, cuxa actuación consideraba nefasta para o equilibrio da sociedade portuguesa. Obtivo un breve pontificio que o tornaba só dependente do Tribunal romano. A mesma extraordinaria capacidade oratoria que seducira, primeiro, o goberno xeral do Brasil, a corte de Don João IV, e que despois, iría convencer o Papa e garantir así a anulación das súas penas e condenas.

Entre 1675 e 1681, a actividade da Inquisición estivo suspensa por determinación papal en Portugal e no imperio, unha determinación que encontrou o seu maior fundamento nos informes que o xesuíta deixou en Roma, nas mans do Sumo Pontífice, sobre os múltiples abusos de poder. Desta forma conseguía dous feitos raros e históricos, por un lado conseguía parar por primeira vez durante sete anos a actividade do Santo Oficio en Portugal e, feito non menor, lograba escapar da perigosa malla que os inquisidores derramaban sobre el.

En PortugalEditar

Regresou a Lisboa seguro de non ser importunado máis. Cando, en 1671, unha nova expulsion dos xudeus foi promovida, novamente os defendeu. Mais o Príncipe Rexente pasara a protector do Santo Ofício e recibiuno friamente. En 1675, absolto pola Inquisición, volveu para Lisboa por orde de D. Pedro, mais afastouse dos asuntos públicos.

No BrasilEditar

En 1681, retornou á Bahia, alegando cuestións de saúde. En 1688, exerceu a función de visitador-xeral das misións do Brasil e dedicou o resto de seus anos á edición dos Sermóns, cartas e de Clavis Prophetarum, unha obra de interpretación profética das Escrituras que iniciara en Roma.[10]

A colección completa dos seus Sermões, iniciada en 1679, esixiu 16 volumes. Cerca de 500 de súas Cartas foron publicadas en 3 volumes. As súas obras comezaron a ser publicadas na Europa, onde foron eloxiadas até pola Inquisición. Xa vello e doente, tivo que espallar circulares sobre a súa saúde para poder manter ao día a súa moita correspondencia. En 1694, xa non conseguía escribir polo seu propio puño. O 10 de xuño comezou a agonía, perdeu a voz, silenciáronse os seus discursos. Morre na Bahia o 18 de xullo de 1697, con 89 anos.[17]

Aínda que non sexa considerado santo na Igrexa Católica, Padre Antônio Vieira consta no calendario de santos da Igrexa Episcopal Anglicana do Brasil como sacerdote e testemuña profética, sendo súa festa litúrxica celebrada en 18 de xullo.[18]

ObraEditar

Deixou unha obra complexa que expresa as súas opinións políticas, non sendo propiamente un escritor, mais si un orador. Alén dos Sermões redactou o Clavis Prophetarum, libro de profecías que nunca concluíu. Entre os seus sermóns, algúns dos máis célebres son: Sermão da Quinta Dominga da Quaresma, o Sermão da Sexagésima, o Sermão pelo Bom Sucesso das Armas de Portugal contra as de Holanda, o Sermão do Bom Ladrão, Sermão de Santo António aos Peixes entre outros. Vieira deixou cerca de 700 cartas e 200 sermóns.

A Obra Completa do Padre António Vieira[19], anotada e atualizada, comezou a ser publicada en 2013, case catro séculos tras o seu nacemento. Esta publicación en 30 volumes inclúe a totalidade das súas cartas, sermóns, obras proféticas, escritos políticos, sobre os xudeus e sobre os indios, ben como a súa poesía e teatro, e é a primeira edición completa e coidada de toda a súa vasta produción escrita. Un dos maiores proxectos editoriais do seu xénero, foi o resultado dunha cooperación internacional entre varias institucións de investigación e academias científicas, culturais e literarias Luso-Brasileiras, so a dirección da Reitoría da Universidade de Lisboa. Máis de 20 mil folios e páxinas de manuscritos e impresos atribuídos a Vieira foron analizados e comparados, en decenas de bibliotecas e arquivos en Portugal, no Brasil, en España, Francia, Italia, Inglaterra, Holanda, México e Estados Unidos da América. Cerca dun cuarto da Obra Completa consiste en textos inéditos. Este proxecto, so a dirección de José Eduardo Franco e Pedro Calafate, foi desenvolvido polo CLEPUL en conxunto coa Santa Casa da Misericórdia, e publicado polo Círculo de Lectores, co último volume a ser lanzado en 2014. Aínda que esta sexa unha edición portuguesa, unha selección de textos será publicada en 12 linguas como parte do proxecto.

 
Primeira páxina de Historia do Futuro, dunha edición de 1718.

Antônio Vieira escribiu máis de 200 sermóns, 700 cartas, alén de tratados proféticos, relacións etc. Seguen algúns dos seus sermóns:[17]

  • Sermão da Sexagésima
  • Sermão de São José (1642)
  • Maria Rosa Mística
  • Sermão de Santo António aos Peixes
  • Sermão de Nossa Senhora do Rosário
  • Sermão da Quinta Dominga da Quaresma
  • Sermão do Mandato
  • Sermão Segundo do Mandato
  • Sermão de Santa Catarina Virgem e Mártir
  • Sermão Histórico e Panegírico
  • Sermão da Glória de Maria, Mãe de Deus
  • Sermão da Primeira Dominga do Advento (1650)
  • Sermão da Primeira Dominga do Advento (1655)
  • Sermão de São Pedro
  • Sermão da Primeira Oitava de Páscoa
  • Sermão nas Exéquias de D. Maria de Ataíde
  • Sermão de São Roque
  • Sermão de Todos os Santos
  • Sermão de Santa Teresa e do Santíssimo Sacramento
  • Sermão de Santa Teresa
  • Sermão da Primeira Sexta-feira da Quaresma (1651)
  • Sermão da Primeira Sexta-feira da Quaresma (1644)
  • Sermão de Santa Catarina (1663)
  • Sermão do Mandato (1643)
  • Sermão do Espirito Santo
  • Sermão de Nossa Senhora do Ó (1640)
  • Quarta parte, licenças e privilégio real
  • Sermão pelo Bom Sucesso das Armas de Portugal Contra as de Holanda
  • Sermão da Segunda Dominga da Quaresma (1651)
  • Maria Rosa Mística Excelências, Poderes e Maravilhas do seu Rosário
  • Sermão das Cadeias de São Pedro em Roma pregado na Igreja de S. Pedro. No qual sermão é obrigado, por estatuto, o pregador a tratar da Providência, ano de 1674
  • Sermão do Bom Ladrão
  • Sermão da Dominga XIX depois do Pentecoste (1639)
  • Sermão XII (1639)
  • Sermão XIII
  • Sermão de Dia de Ramos (1656)
  • Quarta Parte em Lisboa na Oficina de Miguel Deslandes
  • Sermão do Quarto Sábado da Quaresma (1640)
  • Sermão XIV (1633)
  • Sermão Nossa Senhora do Rosário com o Santíssimo Sacramento
  • Sermão XI Com o Santíssimo Sacramento Exposto
  • Sermão da Quinta Dominga da Quaresma (1654)
  • Sermão nas Exéquias de D. Maria da Ataíde (1649)
  • Sermão de São Roque (1652)
  • Sermão Segundo do Mandato (II)
  • Sermão do Mandato (1655)
  • Sermão da Epifania (1662)
  • Sermão da primeira Oitava da Páscoa (1656)
  • Sermão de Santo Antônio (1670)
  • História do Futuro
  • Esperanças de Portugal
  • Defesa do livro intitulado Quinto Império

CronoloxíaEditar

  • 1608 – Nace o 6 de febreiro en Lisboa, na freguesía da Sé, António Vieira, fillo primoxénito de Cristóvão Vieira Ravasco e de Maria de Azevedo.
  • 1614 – Desembarca coa familia en Salvador da Bahia, onde frecuentará as clases do Colexio dos Xesuítas.
  • 1624 - En maio, as forzas holandesas ocupan a cidade do Salvador.
  • 1626 – Con 18 anos de idade, o novizo António Vieira é encargado de redactar a Carta Annua ao Xeral dos Xesuítas, informe anual da Compañía de Xesus no Brasil. Constitúe o seu primeiro escrito.
  • 1627 – Trasládase para o Colexio dos Xesuítas de Olinda, onde pasa a dar clases de Retórica.
  • 1633 – Predica o primeiro sermón público, na Igrexa de Nosa Señora da Conceição da Praia, en Salvador.
  • 1634 – É ordenado sacerdote, o 10 de decembro, celebrando a 13 do mesmo mes a súa primeira misa.
  • 1638 – É nomeado Lector en Teoloxía.
  • 1640 – Predica o "Sermão polo Bo Éxito das Armas de Portugal Contra as de Holanda", na Igrexa de Nosa Señora da Axuda, en Salvador.
  • 1641 – Vieira viaxa para Lisboa, onde residirá até 1646.
  • 1642–1644 – Predica por primeira vez na Capela Real, en Lisboa, o "Sermão dos Bos Anos". En atención ao brillantismo das súas prédicas recibe, en 1644, o título de Pregador de Súa Maxestade e algúns dos seus sermons son publicados separadamente. É, igualmente, nomeado Tribuno da Restauración.
  • 1645 – Predica o "Sermão do Mandato", na Capela Real, en Lisboa.
  • 1646–1652 – Profesión solemne na Igrexa de San Roque, en Lisboa. Predicador e conselleiro de D. João IV, é por este enviado como embaixador en diversas misións diplomáticas aos Países Baixos e á Francia, negociando Pernambuco, a paz europea, o financiamento da guerra contra Castela e a futura Compañía Xeral do Comercio do Brasil. É o período de gran actividade diplomática e política de Vieira, que se despraza por gran parte da Europa, representando e defendendo os intereses portugueses. Fai, aínda, parte da embaixada portuguesa nas negociacións da Paz de Münster, cuxo obxectivo era pór fin á Guerra dos Trinta Anos. En Ruán e Ámsterdam encóntrase e negocia con representantes da comunidade xudaica portuguesa aí refuxiada, o que lle valería, desde entón, a hostilidade do Santo Oficio.
  • 1652 – En novembro parte de volta para a América Portuguesa, a fin de se dedicar ás misións xunto dos indíxenas do estado do Maranhão, dos cales asumirá coraxosamente a defensa, contra os intereses escravistas dos colonos.
  • 1654 – Predica o "Sermão de Santo António aos Peixes", na véspera de embarcar para Lisboa, onde, en breve visita, pedirá providencias favorábeis aos indios e ás misións xesuítas no estado do Maranhão.
  • 1655 – Antes de retornar ás misións do Estado do Maranhão, en abril, predica na Capela Real, en Lisboa, durante a Quaresma: abre co "Sermão da Sexagésima" e fecha co "Sermão do Bo Ladrón".
  • 1657 – Predica o "Sermão do Espírito Santo", no Maranhão.
  • 1659 – Visita cinco aldeas da etnia Nheengaíba. No regreso a Belén do Pará, encontrándose doente en Cametá, redacta o seu primeiro tratado futurolóxico "Esperanças de Portugal, V Império do Mundo".
  • 1661 – Como resultado do seu combate á escravitude dos indios, Vieira e os seus compañeiros xesuítas son expulsados do Estado do Maranhão e embarcados para Lisboa.
  • 1662 – Predica o importante "Sermão da Epifania" diante da raíña-rexente.
  • 1663–1667 – É desterrado para Coímbra e comezan os interrogatorios da Inquisición, que o persegue debido ás súas ideas milenaristas e mesiánicas inspiradas no profetismo de António Gonçalves Annes Bandarra ("Quinto Imperio") e, tamén, por causa das súas alegadas simpatías pola "xente da nación", os xudeus. En 1666, a Inquisición ordena que sexa retirado da cela de relixioso, na que estaba confinado, e colocado en cárcere de custodia. A pesar de estar practicamente desprovisto de libros para consultas, redacta dúas Representações da Defesa e, en segredo, parte do libro "História do Futuro" e da "Apologia". En 1667 é proferida a sentenza: "… sexa privado para sempre da voz activa e pasiva e do poder de predicar…"
  • 1668 – É amnistiado o 12 de xuño.
  • 1669 – Predica o "Sermão do Cego", na Capela Real, en Lisboa. Parte para Roma en busca de revisión da súa sentenza, onde permanece seis anos, predicando, en italiano, aos cardeais da Cúria romana e á exiliada raíña Cristina da Suecia.
  • 1675 – Regresa a Lisboa provisto dun Breve do Papa Clemente X, eximíndoo "por toda a vida de calquera xurisdición, poder e autoridade dos inquisidores presentes e futuros de Portugal", mais permanecendo suxeito á autoridade da Curia romana.
  • 1679 – Declina o convite da raíña Cristina da Suecia para ser o seu confesor.
  • 1681 – Regresa á América Portuguesa, a Salvador, na Bahia, en xaneiro, e pasa a residir na Quinta do Tanque, casa de campo do Colexio dos Xesuítas, onde prepara a publicación dos seus Sermóns e redacta a "Clavis Prophetarum".
  • 1686 – Vieira é un dos poucos a non ser afectado pola epidemia de "mal da fila" (febre amarela). Debido a esa calamidade, a Cámara de Salvador fai votos a San Francisco Xavier, proclamándoo Padroeiro da Cidade do Salvador, en 10 de maio.
  • 1688 – É nomeado Visitador-Xeral da Provincia do Brasil (até 1691).
  • 1690 – Promove a Misión entre os indios Cariri da Bahia, financiándoa co lucro da venda dos seus libros.
  • 1694 – Emite parecer a favor da liberdade dos indios, contra as administracións particulares na Capitanía de São Paulo.
  • 1695 – Envía carta-circular de despedida á nobreza de Portugal e amigos, por non poder escribir a todos.
  • 1696 – É trasladado da Quinta do Tanque para o Colexio dos Xesuítas, no Terreiro de Jesus.
  • 1697 – Termina a revisión do tomo XII dos Sermóns; dita a súa última carta ao Xeral da Compañía de Xesus, Tirso González, o 12 de xullo. Faleceoa 18 de xullo, no Colexio, aos 89 anos. Os oficios fúnebres realízanse na Igrexa da Sé, oficiados polos Cónegos. É sepultado na Igrexa do Colexio.

NotasEditar

  1. "RevelarLX". web.archive.org (en portugués). 2012-02-10. Consultado o 2020-03-19. 
  2. Vainfas, Ronaldo. "Antônio Vieira" (PDF). companhiadasletras.com.br (en portugués). Consultado o 19 de marzo de 2020. 
  3. "PADRE ANTÓNIO VIEIRA". digitalblue.blogs.sapo.pt (en portugués). Consultado o 2020-03-19. 
  4. "O visionário da Amazônia". Revista de História da Biblioteca Nacional 63. 2010. 
  5. Coelho, Geraldo Mártires. (dezembro de 2010). O visionário da Amazônia. Revista de História da Biblioteca Nacional, n.63
  6. "Sermões - Educar para Crescer". web.archive.org (en portugués). 2013-11-12. Consultado o 2020-03-19. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Costa, Hermisten Maia Pereira da. "O MESSIANISMO DO PADRE VIEIRA E A INQUISIÇÃO" (PDF). dhi.eum.br (en portugués). Consultado o 19 de marzo de 2020. 
  8. Machado dos Santos, Breno. "Os jesuitas..." (PDF). repositorio.ufjf.br (en portugués). Consultado o 19 de marzo de 2020. 
  9. Proón que Portugal protexa os cristiáns novos (xudeus) da Inquisición e atraer os cristiáns nvos que estaban espallados pola Europa e así atraer recursos para financiar as empresas do Imperio Portugués cf. (Antonio Vieira, visto 13 de outubro de 2016.).
  10. 10,0 10,1 10,2 O MESSIANISMO DO PADRE VIEIRA E A INQUISIÇÃO, acesso em 16 de outubro de 2016.
  11. de Oliveira Maia, Lígio. "REGULAMENTOS DAS ALDEIAS: da Missio ideal às experiências coloniais" (PDF). outrostempo.euma.br (en portugués). Consultado o 19 de marzo de 2020. 
  12. de Carvlho Junior, Almir Diniz (2013-12). "A ordem da missão e os jogos da ação: conflitos, estratégias e armadilhas na Amazônia do século XVII". Tempo (en portugués) 19 (35): 23–41. ISSN 1413-7704. doi:10.5533/TEM-1980-542X-2013173503. 
  13. Leite, Serafim (1940). Novas cartas jesuíticas. São Paulo: Companhia Editora Nacional. p. 12. 
  14. 14,0 14,1 "Antonio Vieira". educacao.uol.com.br (en portugués). Consultado o 2020-03-19. 
  15. "O NAUFRÁGIO DO PADRE ANTÓNIO VIEIRA AO LARGO DAS FLORES E DO CORVO". picodavigia2.blogs.sapo.pt (en portugués). Consultado o 2020-03-19. 
  16. 16,0 16,1 joanabraga (2015-10-02). "Padre António Vieira nos cárceres da Inquisição" (en portugués). Consultado o 2020-03-19. 
  17. 17,0 17,1 "Antonio Vieira". 
  18. "Normas para o Ano Cristão". Igreja Episcopal Anglicana do Brasil. 27 de novembro 2014.
  19. "Círculo de leitores". www.circuloleitores.pt (en portugués). Consultado o 2020-03-19. 

Véxase taménEditar

BibliografiaEditar

  • Paiva, José Pedro (1999). Padre Antonio Vieira, 1608-1697: bibliografia, Biblioteca Nacional, Lisboa. ISBN 972-565-268-1
  • de Azevedo, João Lúcio (2008). História de Antônio Vieira. São Paulo: Alameda, 2v.[1]
  • Van Den Besselaar, José (1981). António Vieira: o homem, a obra, as ideias. Lisboa: ICALP, 1981 (Colecção Biblioteca Breve - Volume 58)
  • Cohen, Thomas (1998). The fire of tongues. Stanford, EUA: Stanford University Press.
  • Vieira Mendes, Margarida (2003). A oratória barroca de Vieira. 2ª ed., Lisboa: Caminho.
  • Pécora, Alcir (2008). Teatro do sacramento. 2ª ed., São Paulo/Campinas: Edusp/Ed. Unicamp
  1. Os Jesuítas no Maranhão e Grão-Pará Seiscentista: Uma Análise Sobre os Escritos dos Protagonistas da Missão, acesso em 11 de novembro de 2016.