Cristina de Suecia

Cristina, nada en Estocolmo o 18 de decembro de 1626 e finada en Roma o 19 de abril de 1689 foi a raíña de Suecia dende 1632 ata a súa abdicación en 1654.

Cristina de Suecia
Queen Christina (Sébastien Bourdon) - Nationalmuseum - 18075.tif
Raíña de Suecia
Período6 de novembro de 1632 - 6 de xuño de 1654
AntecesorGustavo II Adolfo
SucesorCarlos X Gustavo
Datos persoais
Nacemento18 de decembro de 1626 e 7 de decembro de 1626
 Estocolmo
Falecemento19 de abril de 1689 e 9 de abril de 1689
 Roma
PaiGustavo II Adolfo de Suecia
NaiMaria Leonor de Brandemburgo
RelixiónIgrexa católica, luteranismo e catolicismo
Signatur Christina (Schweden).PNG
Na rede
WikiTree: Vasa-13 Find a Grave: 7726220 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Era a única filla do rei Gustavo II Adolfo e a súa esposa María Leonor de Brandemburgo. Ascendeu ao trono sueco con só seis anos de idade trala morte do seu pai na batalla de Lützen.[1][2][3] Sendo a filla dun defensor do protestantismo na guerra dos Trinta Anos, Cristina causou escándalo ao abdicar en 1654 e converterse ao catolicismo. Pasou os seus últimos anos en Roma, volvéndose a líder da vida musical e teatral local. Como raíña sen país, protexeu moitos artistas e proxectos. Cristina morreu en 1689 e é unha das poucas mulleres enterradas no Vaticano.[3]

Cristina estaba interesada en libros e manuscritos, relixión, alquimia e ciencia. Quería que Estocolmo se transformase na "Atenas do Norte". Influída pola Contrarreforma, sentiuse cada vez máis atraída pola cultura barroca e mediterránea que se desenvolveu lonxe do seu país.

LegadoEditar

O seu estilo de vida pouco común e o vestiario e comportamento masculino inspiraron novelas, obras teatrais, óperas e filmes.[3][4] É un dos personaxes da novela Herba moura de Teresa Moure.[5]

Rei de Suecia

Segue a:
Gustavo II Adolfo de Suecia
Cristina de Suecia
Precede a:
Carlos X Gustavo de Suecia
Vasa

NotasEditar

  1. Miranda, Ulrika Junker; Hallberg, Anne (2007). "Kristina". Bonniers uppslagsbok (en sueco). Estocolmo: Albert Bonniers Förlag. p. 526. ISBN 91-0-011462-6. 
  2. Rodén, Marie-Louise. "Drottning Kristina – visionär i nytt ljus". Populär historia, 2007 (en sueco). Consultado o 28 de abril de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Weibull, Curt. "Kristina". Svenskt biografiskt lexikon (Riksarkivet) (en sueco). Consultado o 3 de abril de 2017. 
  4. "Kristina – fostrad till kung". Populär historia (en sueco). 2017. Consultado o 3 de abril de 2017. 
  5. "Herba moura". www.ub.edu. Consultado o 2021-05-15. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar