Francisco Rodrigues Lobo
Francisco Rodrigues Lobo (Leiría, entre xullo e decembro de 1580 — Lisboa, 4 de novembro de 1622) foi un poeta portugués. Foi un Autor rexionalista como poucos, presentaba o cognome de "cantante do Lis", e foi considerado o iniciador do Barroco na literatura portuguesa.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1581 Leiria, Portugal |
Morte | 4 de novembro de 1622 (40/41 anos) Lisboa, Portugal |
Causa da morte | morte accidental, afogamento |
Educación | Universidade de Coímbra |
Actividade | |
Campo de traballo | Belas letras, poesía e Prosa |
Ocupación | poeta, escritor |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Library of the World's Best Literature (en) Encyclopædia Britannica |
Naceu en Leiría no seo dunha familia de cristiáns-novos, cidade onde a presenza xudaica remonta a inicios do século XIII.[2]
Estudou na Universidade de Coímbra, onde se formou en Canónino. Foi precisamente na cidade do Mondego onde iniciou a súa actividade literaria, compondo o Romanceiro, tiña pouco máis de 16 anos.
Afírmase que se trataba coa nobreza, entre os cales estaba Teodósio II, Duque de Bragança e Duarte de Bragança, señor de Vila do Conde, e que este último lle daba aloxamento. Descoñécese se tería exercido cargos públicos.
Na súa escrita enténdese unha correcta influencia da lírica de Luís de Camões, noprincipalmente nos temas do bucolismo e do desencanto.
Franscisco afogou no Río Texo durante unha viaxe entre Lisboa e Santarém e acabou morrendo en novembro de 1622.
Obra
editarViviu durante a Dinastía Filipina, o que explica as numerosas obras escritas en lingua castelá, escribindo raramente en lingua portuguesa. Foi autor, entre outras, das obras:
- Primavera (1601), título xeral das tres novelas pastorís: Primavera, Pastor Pereyrino e Desenganado.
- O Pastor Peregrino (1608).
- Condestabre (1609).
- A Corte na Aldeia (1619).
Desas, Corte na Aldea é considerada como o primeiro sinal literario do Barroco en Portugal e unha contribución importante no que se refire ao desenvolvemento do Barroco na Península Ibérica. A obra está dedicada ao descendente da Coroa Portuguesa, ou sexa D. Duarte, irmán do Duque de Bragança e marqués de Frechilha e de Malagam. Na dedicatória da obra, Rodrigues Lobo convida D. Duarte de Bragança a preservar e ter orgullo da "língua e da nação Portuguesa" que, no pasado, coñeceu momentos moi máis gloriosos. "Corte na Aldea" está composta por dezaseis diálogos didácticos que describen a vida cortesá da época, reflexionando a frustración da nobreza portuguesa pola desaparición da corte nacional, so a dominación filipina.[3]
Homenaxes
editarO seu nome foi atribuído á Escola Secundaria de Francisco Rodrigues Lobo, e á Praza Rodrigues Lobo, en Leiría. É tamén nome de rúa en Lisboa, freguesía de Campolide.
Notas
editar- ↑ "Roteiro dos Escritores recorda Francisco Rodrigues Lobo". www.cm-leiria.pt (en portugués). Consultado o 2020-03-21.
- ↑ "Rede de Judarias de Portugal. Leiria" (en portugués). Consultado o 2020-03-21.
- ↑ Real, Miguel. "A Corte na Aldeia" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2017.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- 1º Volume da obra "Côrte na aldea e noites de inverno ((eBook))
Bibliografía
editar- "Corte na Aldeia. Consideraçoes sobre Frei Heitor Pinto e Francisco Rodrigues Lobo" (2000). En 1.er Encuentro Internacional de lusitanistas españoles: ISBN 84-7723-430-2. Vol 1, Páxs. 291-302.