Cancioneiro da Ajuda
O Cancioneiro da Ajuda é unha colección de poesías escritas en galego medieval ou galego-portugués datada a finais do século XIII, influídas pola lírica occitana.
Cancioneiro da Ajuda | |
---|---|
![]() | |
Tipo | cancioneiro ![]() |
Material | pergamiño ![]() |
Linguas
| |
Datas | |
Data de creación | século XIII e século XIV ![]() |
Dimensións | |
Altura | 46 cm ![]() |
Anchura | 36 cm ![]() |
Localización | |
Localización | Biblioteca da Ajuda ![]() |
Colección | Biblioteca da Ajuda ![]() |
Identificadores | |
Goodreads | 17144114 ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Historia
editarRecibe o seu nome por se conservar na Biblioteca do Palacio Real da Ajuda, en Lisboa. É un códice de pergameo escrito por unha soa persoa en letra gótica con miniaturas que quedou incompleto: aparecen os textos poéticos, mais non se acabaron as miniaturas nin se copiou a música -que ten un espazo reservado baixo os versos da primeira estrofa de cada cantiga-. Trátase dunha colectánea que posúe 310 composicións poéticas, todas cantigas de amor.
As primeiras edicións completas datan de 1824 e 1849, aínda que a edición clásica é a realizada por Carolina Michaëlis no ano 1904.
É o máis antigo dos tres principais cancioneiros conservados e o máis fiábel de todos por estar elaborado na época trobadoresca na corte de Afonso X o Sabio. Os outros dous son o Cancioneiro da Vaticana e o Cancioneiro da Biblioteca Nacional. Outros textos importantes son o Cancioneiro de Berkeley, o Pergamiño Vindel e o Pergamiño Sharrer.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Cancioneiro da Ajuda. Edição fac-similada do códice existente na Biblioteca da Ajuda, Lisboa, Edições Távola Redonda, Instituto Português do Património Arquitectónico e Arqueológico, Biblioteca da Ajuda, 1994.