Manuel Rodrigues Lapa
Manuel Rodrigues Lapa, nado en Anadia (Aveiro) o 22 de abril de 1897[1] e finado na mesma vila o 28 de marzo de 1989, foi un filólogo portugués, que fixo varios estudos sobre o galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de abril de 1897 Anadia, Portugal (pt) |
Morte | 28 de marzo de 1989 (91 anos) Anadia, Portugal (pt) |
Educación | Faculdade de Letras da Universidade de Lisboa (pt) |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, profesor universitario, romanista |
Empregador | Universidade de Lisboa |
Membro de | |
Premios | |
Traxectoria
editarEstudou na Universidade de Lisboa, onde se doutorou coa tese Das Origens da Poesia Lírica em Portugal na Idade Média (1930). Nese mesmo ano dirixe a súa atención para Galiza, e publica Os vilancicos: o vilancico galego nos séculos XVII e XVIII, obra na cal estuda vilancicos nos que aparecen galegos a os recitar. Dous anos despois efectúa a súa primeira visita a Galiza.
Foi afastado da facultade de Letras en 1935 por motivos políticos e a súa oposición ao goberno de António de Oliveira Salazar. A partir de aí dedicouse ao xornalismo (dirixiu O Diabo) e ás investigacións literarias. No ano 1935 edita na revista Seara Nova un número especial dedicado ao poeta Eduardo Pondal.
Foi encarcerado o 6 de xaneiro de 1949[2]. En 1957 exiliouse no Brasil, onde deu clase en varias universidades, e onde realizou investigacións sobre o século XVIII en Minas Gerais. Regresou a Portugal despois do 25 de abril.
En repetidas ocasións volverá publicar sobre o galego e Galiza nos anos seguintes. En 1965, a súa edición das cantigas de escarnio e maldicir imprímese en Vigo. En 1973, Rodrigues Lapa publica un artigo na revista lisboeta Colóquio / Letras, onde se proclama partidario de que o galego se escriba con ortografía portuguesa. O artigo reeditouse en Grial, o que provocou unha viva polémica, na que toman postura en contra intelectuais galegos, como Ramón Piñeiro, Álvaro Cunqueiro e Ramón Otero Pedrayo, entre outros; e a favor Valentín Paz Andrade, Ernesto Guerra da Cal, Ricardo Carballo Calero e outros.
En 1981 realizou a que sería a súa última visita a Galiza, para presentar un libro do seu amigo Carballo Calero. Por esta altura padecía xa problemas de saúde que dificultaban os seus desprazamentos. En 1989 falecería na súa morada de Anadia.
Vida persoal
editarEn abril de 1923 casou con Inês Augusta Coelho da Silva, e ao ano seguinte foron pais do seu único fillo, Armando.
Obra
editar- História da língua e da literatura portuguesa, I: Das origens da poesia lírica em Portugal na Idade Média. Lisboa. Seara Nova. 1929.
- Origens da Poesia Lírica em Portugal na Idade Média 1930.
- Liçôes de literatura portuguesa: época medieval. Lisboa, Centro de Estudos Filológicos. 1934 (con varias edicións posteriores).
- Crestomatía arcaica. Lisboa. Gráfica Lisbonense. 1940.
- Estilística da língua portuguesa. Coímbra. Coímbra Editora. 1945 (onde comenta escritores en galego).
- Miscelânea de língua e literatura portuguesa medieval. Río de Xaneiro. Instituto Nacional do Livro. 1965.
- As minhas razôes: Memórias de um idealista que quiso indereitar o mundo...Coímbra. Coimbra Editora. 1983 (libro de memorias).
Sobre Galicia
editar- Os vilancicos: o vilancico galego nos séculos XVII e XVIII. 1930 (reimpreso co título "Os vilancicos: a tradição do vilancico galego nos séculos XVII e XVIII", in rev. Agália, 11. 1987, páxs. 353-363).
- "Carta a la viuda de Castelao", in rev. A Nosa Terra, nº 474, 1950.
- "A obra máis urgente da galeguidade", in rev. Galicia, Centro Galego de Montevideo, nº 466, 1952.
- "A ideia de comunhão em Otero Pedrayo", in VV.AA., Homaxe a Ramón Otero Pedrayo no LXX aniversario do seu nacimento. Vigo. Galaxia. 1958, páx. 73 e ss.
- "A recuperação literária do galego", in rev. Colóquio/Letras, 13. Lisboa. 1973, páxs. 5-14.
- Estudos galego-portugueses: por uma Galiza renovada. Lisboa. Sá da Costa. 1979.
- "A reintegraçâo lingüística galego-portuguesa. Um drama que afecta a nós todos", in rev. Nova Renscença, Porto, outubro de 1983, páxs. 321-329.
- "O problema lingüístico da Galiza: sobre cultura e idioma na Galiza", in rev. Temas do Ensino, nº 6-10, pás. 23-33.
- Cartas a Francisco Fernández del Riego sobre a cultura galega. Galaxia. 2001.[3]
Edicións
editar- Cantigas de Santa Maria, de Afonso X. Lisboa Centro de Estudos Filologicos. 1939.
- Cantigas d'escarnho e de mal dizer dos cancioneiros medievais galego-portugueses. Vigo. Galaxia. 1965.
Notas
editar- ↑ Lorenzana, S. (1964). "Rodrigues Lapa e a cultura galego-portuguesa". Grial (4): 139–158.
- ↑ Presos Políticos no Regime Fascista, V - 1949-1952, Presidência do Conselho de Ministros, Comissão do Livro Negro sobre o Regime Fascista, Mem Martins, 1987, p. 57
- ↑ Cartas a Francisco Fernández del Riego sobre a cultura galega en Google Books.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Rodrigues Lapa, Manuel". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Montero Santalha, J. M.: "Na morte de Rodrigues Lapa", na revista Agália, nº 17, 1989, páxs. 109-111.