Francisco del Valle-Inclán
Francisco del Valle-Inclán de los Santos, nado en Sobrán (Vilagarcía de Arousa) o 29 de febreiro de 1736 e morto en Santiago de Compostela en 1804, foi un persoeiro da Universidade de Santiago de Compostela. Colexial do Colexio de San Clemente e membro do seu Claustro, xogou un importante papel nas reformas universitarias postas en marcha polos Borbóns.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de febreiro de 1736 Vilagarcía de Arousa, España |
Morte | 1804 (67/68 anos) Santiago de Compostela, España |
Traxectoria
editarTivo un importante papel no nacemento da Biblioteca Universitaria de Santiago, da que foi o seu primeiro director entre 1774 e 1794. Tamén elaborou unhas recomendacións de funcionamento desta biblioteca e redactou os seus primeiros catálogos. Negociou co Consello de Castela diversas cuestións relacionadas coa posta en marcha do Plano de estudos de 1772, coa construción do novo edificio da Universidade, coa doazón da biblioteca de Felipe de Castro á Universidade de Santiago etc.
Foi membro da Real Sociedade Económica de Santiago e o creador do primeiro xornal galego, El Catón Compostelano (1800).
Obras
editar- Instrución para el establecimiento de la Biblioteca Pública de la Universidad de Santiago.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco del Valle-Inclán |