James Clark Ross, nado en Londres o 15 de abril de 1800 e finado en Aylesbury o 3 de abril de 1862, foi un oficial naval e explorador británico. Explorou o Ártico xunto co seu tío John Ross e William Parry, e máis tarde dirixiu as súas propias expedicións á Antártida.

Infotaula de personaJames Clark Ross

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de abril de 1800 Editar o valor em Wikidata
Finsbury Square (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte3 de abril de 1862 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Aylesbury Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaAston Abbotts (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Gran Bretaña (–1801)
Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónexplorador , oficial da armada , naturalista , botánico Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarRoyal Navy Editar o valor em Wikidata
Rango militarRear-Admiral of the Red (en) Traducir (1861–)
captain (en) Traducir (1834–)
comandante (1827–)
lieutenant (en) Traducir (1822–) Editar o valor em Wikidata
Comandante de (OBSOLETO)HMS Terror (pt) Traducir e HMS Erebus (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Abreviación dun autor en botánicaJ.C.Ross Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAnne Coulman (1843–)
FillosJames Coulman Ross (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisGeorge Ross (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Christian Clark (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesJohn Ross (tío) Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Ross-31232

Traxectoria editar

Naceu en Londres e en 1812 entrou na mariña real británica, coa que participou nas guerras napoleónicas. Integrou a expedición do seu tío, John Ross, na procura do Paso do Noroeste en 1818. Entre 1819 e 1827 participou en catro expedicións árticas con William Parry, e entre 1829 e 1833 serviu de novo co seu tío na expedición na que se localizou a posición do Polo Norte Magnético o 1 de xuño de 1831.

Capitán dende 1834, entre 1835 e 1838 participou nas investigacións magnéticas en Gran Bretaña. Entre 1839 e 1843 dirixiu a expedición antártica do HMS Erebus e do HMS Terror que cartografaron boa parte da liña de costa do continente. En 1841 descubriu o Mar de Ross, Terra Vitoria e os volcáns Monte Erebus e Monte Terror.

En 1847 publicou as experiencias da súa expedición co título de A Voyage of Discovery and Research to Southern and Antarctic Regions.