Mar de Ross
O mar de Ross é unha baía profunda entre o Océano Glacial Antártico e a Antártida entre a Terra de Vitoria e a Terra de Marie Byrd, ao sur de Nova Zelandia. Foi descuberto por James Clark Ross en 1841. No oeste do mar de Ross atópanse a Illa Ross e o monte Erebus, famoso volcán e no oeste a Illa Roosevelt. A parte meridional está cuberta por unha plataforma xeada: a Barreira de xeo de Ross. Roald Amundsen comezou a súa expedición ao Polo Sur en 1911 desde a Baía das Baleas, que se atopa na placa de xeo. Na parte occidental do mar de Ross, o estreito de McMurdo é un porto normalmente libre dos xeos durante o verán. A zona máis ao sur do mar de Ross é a costa de Gould, a uns trescentos quilómetros do Polo Sur Xeográfico.
Tipo | mar | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Océano Antártico | |||
Situado na entidade xeográfica | Océano Antártico | |||
Localización | ||||
Continente | Antártida | |||
División administrativa | Zona do Tratado sobre a Antártida (pt) | |||
| ||||
Comparte fronteira con | Terra de Vitória (pt) | |||
Afluente | ||||
Características | ||||
Profundidade | 919 m | |||
Superficie | 637.000 km² 960.000 km² | |||
Case todas as terras emerxidas a beiras do mar de Ross están baixo reclamación de Nova Zelandia, segundo a cal estarían baixo a xurisdición da Dependencia Ross. A maior parte dos países que non pertencen á Commonwealth non aceptan esta reivindicación, que se atopa conxelada polo Tratado Antártico.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar de Ross |
Ligazóns externas
editar- Antarctic Physical Geography (en inglés).
- Geology of the Ross Sea area (en inglés).