Palacio das Tullerías
Palacio das Tullerías, foi un dos máis importantes palacios da historia da monarquía francesa.
Historia
editarInicialmente unha fortaleza medieval, o palacio foi formado por diferentes ampliacións a través de varios séculos. A construción máis importante realizouse baixo ordes de Catarina de Medici (esposa de Henrique II). Foi ela quen dispuxo a construción do Xardín das Tullerías que é a única parte do palacio que sobreviviu ata os nosos días, xa que o edificio como tal foi destruído nos feitos da Comuna de París (1870), tras a caída do Segundo Imperio.
O Antigo Réxime
editarCatarina de Medici
editarA raíña Catarina de Medici pediu aos arquitectos Philibert Delorme e Jean Bullant edificar alí un palacio. Este palacio presentábase baixo a forma dun pavillón central, o Pavillón do Reloxo, rematado por unha cúpula, por dúas ás formadas dun lado do xardín, por un pórtico cuberto dunha terraza, e polo outro lado, por unha serie de pezas en ringleira. Dous pavillóns remataban o palacio, o un no norte, o outro ao mediodía.
O Gran Proxecto
editarO rei Henrique IV decidiu unir o palacio do Louvre e o das Tullerías creando dúas galerías, unha polo sur e unha no norte. As Tullerías deviñeron residencia real ata a saída da Corte para Versalles durante o reinado de Lois XIV.
A Revolución Francesa e o Consulado
editarDurante o período revolucionario, a familia real intentou fuxir de Francia pero foi detida en Varennes-en-Argonne, sendo obrigada a volver a París. Ao rei xa non se lle permitiu instalarse en Versalles senón que se aloxou no Palacio das Tullerías.
En agosto de 1792 as multitudes encrespadas asaltaron o palacio, obrigando ao monarca a refuxiarse na Asemblea Lexislativa onde sería encarcerado mentres se convocaban eleccións para a formación dun novo réxime.
O 10 de maio de 1793, a Convención instalouse nas Tullerías. O Palacio recibiu entón o nome de Palacio Nacional.
O Comité de Salvación Pública ocupaba o pavillón de Flora ao que se redenominou como o "pavillón da Igualdade", mentres que o Comité de Seguridade Xeral se instalába no pavillón de Marsan, redenominado como o "pavillón da Liberdade"; finalmente o Pavillón do Reloxo foi rebautizado como o " pavillón da Unidade ".
Baixo o Directorio, as Tullerías acollen ao Consello dos Cincocentos e o Consello de Anciáns.
O 19 de febreiro de 1800, Napoleón Bonaparte, entón Primeiro Cónsul, instálase no Palacio das Tullerías. Toma por vivenda o primeiro piso do palacio, ocupando o antigo apartamento do Rei.
O Primeiro Imperio e a Restauración
editarDesde a proclamación de Napoléon I, as Tullerías convértense na residencia imperial. O 28 de novembro de 1804, o papa Pío VII chega ao palacio, onde residirá ata o 4 de abril de 1805.
Baixo Lois XVIII, o palacio conserva a súa función de residencia real, sendo preferido ao palacio de Versalles, antiga residencia dos borbóns desde Lois XIV ata Lois XVI. O 12 de xullo de 1830, tras a revolución provocada polas Catro Ordenanzas, Carlos X abandonará as Tullerías para partir ao exilio.
O palacio quedou deshabitado ata o 16 de outubro de 1831, dado que o rei Luís Filipe I prefería residir no Palais Royal. O palacio tomou entón o seu aspecto definitivo, coa supresión das terrazas occidentais e a creación da grande escaleira, polos arquitectos Percier e Fontaine.
O Segundo Imperio
editarCo Segundo Imperio as Tullerías volven ser a residencia imperial. Encárgase ao arquitecto Visconti remocicar o palacio demolendo as casas da praza do Carrusel.
O 29 de xaneiro de 1853, as Tullerías son o escenario do matrimonio civil de Napoleón III e de Eugenia de Montijo.
Napoléon III remata o "gran proxecto" e fai reunir o Louvre ás Tullerías, polo que o palacio se une ao Palacio do Louvre (actual Museo do Louvre), co que formaba unha soa unidade.
A Comuna: Incendio e destrución
editarCaído o Segundo imperio, A Comuna fixo das Tullerías o teatro de festas e de concertos revolucionarios: os "concertos comunitarios". O 18 de maio de 1871, celebráronse tres concertos consecutivos que atraeron a un xentío inmenso. Estes concertos eran, no pensamento dos organizadores, o preludio do incendio do palacio: querían asegurarse de que a poboación aceptaría a idea da destrución do palacio. Instalado nas Tullerías co seu estado maior, o xefe federado Bergeret declarou: "cando deixe as Tullerías, as Tullerías serán cinzas ".
O 22 e o 23 de maio, os comuneiros fan provisión de petróleo e de barrís de pólvora. Finalmente o 23 de maio, o federado Bénot conduce unha banda en todos os apartamentos do palacio e fai esparexer petróleo nas paredes; pouco antes, ás 9 da tarde, o reloxo das Tullerías párase baixo o efecto do lume; cara ás 11 da tarde, unha explosión sacudiu o Pavillón do Reloxo, afundíndose a cúpula central en chamas. O palacio arderá toda a noite.
Ligazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Palacio das Tullerías |