Bandeira de Inglaterra
A bandeira de Inglaterra, un dos países que constitúen o Reino Unido, consiste nunha Cruz de San Xurxo vermella nun fundo branco. A súa orixe non foi estabelecida con precisión, mais aparece como símbolo inglés dende a idade media. Foi a bandeira do exército británico e insignia da mariña mercante até 1606. De 1606 até 1801 foi usada pola mariña mercante.
Bandeira de Inglaterra | |
---|---|
![]() | |
Características | |
Uso | |
Proporción | 3:5 |
Adopción | Século XVI |
Cores | Branco Vermello |
SimboloxíaEditar
A cruz de San Xurxo fai referencia ao santo patrón do país, que, segundo a lenda, salvou unha princesa dun dragón e co seu sangue fixo un sinal de cruz no seu escudo branco.
Non hai consenso a respecto da maneira como se converteu patrón de Inglaterra. O seu nome era coñecido polos ingleses e irlandeses moito antes da conquista normanda, o que leva a crer que os soldados que retornaban das cruzadas influíran bastante na súa popularidade. Está acreditado que o santo xa fora escollido coma padroeiro do reino cando o rei Eduardo III fundou a Orde dos Cabaleiros de San Xurxo, no 1348. No 1415, a data da súa conmemoración tornouse unha das festividades máis importantes do país.
Incorporación á Bandeira BritánicaEditar
A "Bandeira de San Xurxo" é unha das bandeiras que constitúen a bandeira do Reino Unido, representando a Inglaterra e Gales, xuntamente coa "Bandeira de Santo André", representando a Escocia e a "Bandeira de San Patricio", representando a Irlanda.
Fóra de InglaterraEditar
Debido ao espallamento do Imperio Británico a bandeira de Inglaterra é e foi utilizada como parte de bandeiras e escudos de diferentes países e rexións, así como de diversas organizacións.
CanadáEditar
Canadá
(1868-1921)
Illas da CanleEditar
Outros lugaresEditar
Australia (estandarte real 1962–2022) Barbados (pavillón naval) Compañía das Indias Orientais (1600–1707) Xamaica (bandeira colonial) Xamaica (estandarte real) Forza Voluntaria Lealista Grupo terrorista (RU e Irlanda) Nova Gales do Sur (gobernador) Nova Inglaterra, EUA (histórica) Nova Inglaterra, EUA (gobernador 1988) Irlanda do Norte (antiga gobernador) Orde de Orange
Grupo unionista británicoSanta Helena (gobernador)
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Inglaterra en Flags of the World (en inglés)