Alderney
Vista da illa
Datos
Capital St Anne
País Bailía de Guernsey, Dependencia da Coroa Británica
Localización Océano Atlántico
Arquipélago Illas da Canle
Linguas Inglés, Francés
Poboación (2007) 2.400 hab.
Superficie 8 km²
Densidade
Coordenadas 10°55′N 80°31′O / 10.917, -80.517
Maior Altura 93 m.
Localización
Localización da illa

Alderney (Aur'gny en normando, Aurgny en francés) é a máis norteña das Illas Anglo-normandas. Forma parte da bailía de Guernsey. Nos seus 8 km² viven 2.400 habitantes. Saint Anne é a única parroquia da illa e o seu centro principal. Tiña o seu propio dialecto normando, o Auregnais, extinguido en torno a 1960. A pesar da poboación non falar francés, esta foi lingua oficial, xunto ao inglés ata 1966.
Conta co seu propio parlamento autónomo, Les États d'Aurigny, composto por un Presidente e dez membros elixidos.
En 1940 a totalidade da poboación foi evacuada, os alemáns ocuparon a illa ata o 5 de maio de 1945

Historia editar

Alderney comparte a historia das outras Illas da Canle, converténdose en illa no período neolítico, cando as augas da Canle da Mancha subiron de nivel.

A etimoloxía do nome da illa é escura. Sábese que o nome en latín é Riduna (dándolles o desusado xentilicio de Ridunios aos habitantes de Alderney), pero tal e como os outros nomes do resto das Illas da Canle, no período romano existiu un grao de confusión. Ridunia puido ser o nome orixinal de Tatihou, cando se conxectura que o de Alderney pode ser Sarmia. Alderney/Aurigny é supostamente un nome Xermánico ou ata Celta. Pode ser tamén unha corrupción de Adreni ou Alrene, que se deriva da palabra no Antigo Norse que significa "illa próxima á costa". Alternativamente pode derivar doutros tres termos: alda (onda), renna (corrente forte), e oy ou ey (illa).

Logo de escoller a independencia de Francia e lealdade ao monarca inglés, no seu posto de Duque de Normandía, en 1204, Alderney desenvolveuse lentamente e non estivo moi relacionada co resto do mundo. Isto ata que o goberno británico decidiu fortificar masivamente as illas no século XIX, e construír un porto para protexerse de posibles ataques franceses. Unha entrada de obreiros ingleses e irlandeses, e mais a gornición británica estacionada na illa, levou a unha rápida anglización. O porto nunca foi completado -o crebaondas restante (deseñado por James Walker) é unha das paraxes da Illa.

Cando o exército alemán ameazaba con ocupar a illa en 1940, a poboación enteira foi evacuada. Os alemáns ocuparon a illa ata a súa liberación o 16 de maio de 1945 (unha semana logo de retirarse do resto das Illas da Canle), pero a poboación non tivo oportunidade de regresar ata decembro dese ano. Os alemáns deixaron a súa pegada en Alderney, deixando un Campo de Concentración, (Lager Sylt), construíndo búnkers e outras construcións.

Durante os dous anos seguintes ao final da Segunda Guerra, Alderney estivo operada como unha granxa comunal. Os artesáns eran pagados polo seu empregadores, mentres outros empregados polo goberno local coas ganancias das vendas da granxa. O resto da ganancia reservouse para pagar ao goberno do Reino Unido pola reconstrución da illa. O resentimento da poboación local por non poder controlar a súa propia terra foi un catalizador para que o Reino Unido promulgase a "Lei do Goberno de Alderney, 1948", que entrou en vigor o primeiro de xaneiro de 1949. A lei fixa a organización e elección dos Estados de Alderney, o sistema xudicial e, por primeira vez en Alderney, a imposición de impostos. Debido á reducida poboación de Alderney, críase que a illa non podería ser autosuficiente para dar servizo ao aeroporto e ao porto, así como para prover outros servizos equivalentes aos do Reino Unido. Os impostos recadáronse xunto cos ingresos xerais do Bailío de Guernsey e administrados polos Estados de Guernesey. Guernesey converteuse en responsable de prover algunhas das funcións e servizos gobernamentais.

Durante o Século XX Alderney viu bastantes cambios, desde a construción do aeroporto a finais dos 1930, ata a morte dos últimos falantes da lingua autóctona (o Auregnais, un dialecto do idioma Normando). A economía desprazouse dunha dependencia na agricultura aos servizos financeiros e o turismo.

Os Estados de Alderney é o corpo lexislativo da illa, e tamén ten voz nos Estados do Bailío de Guernsey.

 
Bandeira de Alderney.
 
Escudo de Alderney.

Xeografía editar

Xeograficamente Alderney é similar ás outras illas da canle en que ten cantís abruptos contorneados por praias areosas e dunas. Ten un clima tépedo, e moderado polo mar, e veráns usualmente máis cálidos que no resto das Illas Británicas

Viaxar a Alderney é bastante sinxelo, e en tempada é un centro de vacacións popular. Existen voos diarios desde Bournemouth, Brighton. Southampton, Xersei e Guernsey. Por barco, hai rutas entre as Illas e Francia, así como coas outras Illas da Canle.

O Ferrocarril de Alderney, é o único ferrocarril nas Illas da Canle.

A illa esta rodeada por illotes, que causaron centos de naufraxios. Existen dúas correntes moi traizoeiras a ambos os dous lados da illa: "hei Swinge" entre Alderney e Burhou, xusto fóra da baía, e "A Raz" entre a illa e a costa de Normandía

Cultura editar

Auregnais, o dialecto normando local atópase extinto, e o francés deixou de ser utilizado na illa (agás por turistas); cesou de ser idioma oficial en 1966, sendo marxinado no sector educativo, e tamén cando a maioría da poboación foi evacuada durante a segunda guerra mundial. Aínda así actualmente, moita da toponimia local atópase en francés.

O Golf, así como a Pesca e outros deportes acuáticos son deportes populares na illa, a cal conta cunha boa cantidade de clubs e asociacións relacionados con estas e outras actividades de esparexemento. Debido en parte ao gran número de turistas, Alderney conta cun sorprendente número de restaurantes e lugares públicos.

A "Alderney Week" é celebrada desde o primeiro luns de agosto, durante a cal levan a cabo un número de eventos. "Calvacade Day" toma lugar no mesmo luns, no cal os residentes constrúen flotantes alegóricos a un tema particular. A Procesión do Facho, na tarde do sábado, consta dun desfile popular no centro do pobo, cargando fachos ata unha fogueira xeral no campo comunitario. A xornada termina con fogos artificiais e un concieto ao aire libre nunha pedrera abandonada.

Sendo un lugar tranquilo e secluido, Alderney atraeu a un número de residentes famosos, incluíndo os autores T. H. White, e Elizabet Beresford, e a actriz Julie Andrews.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar