J. B. S. Haldane
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
John Burdon Sanderson Haldane FRS, nado en Oxford o 5 de novembro de 1892 e finado en Bhubaneswar, na India o 1 de decembro de 1964, foi un xenetista e biólogo evolutivo inglés. Xunto con Ronald Fisher e Sewall Wright, foi un dos fundadores da xenética de poboacións.
J. B. S. Haldane | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 5 de novembro de 1892 |
Lugar de nacemento | Oxford |
Falecemento | 1 de decembro de 1964 |
Lugar de falecemento | Bhubaneswar |
Causa | cancro |
Nacionalidade | Reino Unido e India |
Relixión | catolicismo |
Alma máter | Eton College, Dragon School e Universidade de Oxford |
Ocupación | biólogo, xenetista, fisiólogo, bioquímico e profesor universitario |
Pai | John Scott Haldane |
Nai | Louisa Kathleen Trotter |
Cónxuxe | Charlotte Haldane e Helen Spurway |
Irmáns | Naomi Mitchison |
Coñecido por | xenética de poboacións |
Premios | Medalha Darwin, Prémio de Genética Kimber, Medalha Darwin-Wallace, Honorary doctor of the University of Groningen, Croonian Lecture, Medalla linneana e Medalha Baly |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
A súa principal contribución consistiu nunha serie de artigos recompilados en A Mathematical Theory of Natural and Artificial Selection e resumidos en The Causis of Evolution (1932). Neses artigos Haldane estudaba dous aspectos fundamentais de cara a matematización da teoría evolutiva: a dirección e as taxas de cambio de frecuencias xénicas e a interacción da selección natural coa mutación e a migración. Non obstante, Haldane admitía diversas causas evolutivas, comoa a saltación e a ortoxénese, independentemente do protagonista da selección natural (Gould 2002, p. 543).
O traballo de Haldane converteuse nunha das principais contribucións á teoría evolutiva sintética ou síntese moderna, que restablece a selección natural como o mecanismo esencial do cambio evolutivo, explicándoo en termos de consecuencias matemáticas da xenética mendeliana.
Haldane desenvolveu tamén o "principio de Haldane", segundo o que afirma que o tamaño dos seres vivos define a complexidade dos seus órganos internos. No ano 1958 foi galardoado pola Sociedade Linneana de Londres coa Medalla Darwin-Wallace.
Pensamento políticoEditar
Haldane foi marxista militante e membro do Partido Comunista. Tamén participou na Guerra Civil Española.
ObraEditar
- (1923) Daedalus; or, Science and the future; a paper read to the Heretics, Cambridge
- (1924) A mathematical theory of natural and artificial selection.
- (1927) Animal Biology
- (1928) Possible Worlds and Other Essays
- (1928) On Being the Right Size
- (1930) Enzymes
- (1932) The Inequality of Man
- (1933) Science and the Supernatural: A correspondence between Arnold Lunn and J. B. S. Haldane
- (1934) If....
- (1934) Human Biology and Politics
- (1934) My Friend Mr. Leakey (children's story)
- (1937) A Dialectical Account of Evolution
- (1937) The linkage between the gens for colour-blindness and haemophilia in man. Julia Bell; J.B.S. Haldane
- (1937) The Causis of Evolution (ISBN 0-691-02442-1)
- (1938) The Marxist Philosophy and the Sciences
- (1938) Heredity and Politics
- (1938) Reply to A.P. Lerner's Is Professor Haldane's Account of Evolution Dialectical?
- (1939) Preface to Engels' Dialectics of Nature
- (1939) From The Marxist Philosophy and the Sciences
- (1940) Lysenko and Genetics
- (1940) Why I am a Materialist
- (1941) The Laws of Nature
- (1941) New Paths in Genetics
- (1949) What is Life?
- (1954) The Origin of Life
- (1954) Biochemistry of Genetics
- (1957) The cost of natural selection
- (1963) Little Science, Big Science
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: J. B. S. Haldane |
BibliografíaEditar
- Bryson (2003) A Short History of Nearly Everything pàg. 300-302; ISBN 0-552-99704-8
- Clark (1968) JBS: The Life and Work of J.B.S. Haldane ISBN 0-340-04444-6
- Geoffrey Zubay et al, Biochemistry (2nd ed., 1988), enzyme kinetics, pàg. 266-272; MacMillan, Nova York ISBN 0-02-432080-3.