Shrewsbury é unha cidade, a capital do condado de Shropshire na rexión de Midlands do Oeste en Inglaterra, situada á beira do río Severn. A súa poboación é de aproximadamente 72.000[1], a segunda cidade do condado tras Telford. Localizada a 14 km ao leste do límite con Gales, Shrewsbury serve como o centro comercial de Shropshire e rexións galesas próximas.
Shrewsbury é unha histórica market town ou localidade que na Idade Media en Inglaterra tiña dereito a celebrar mercado, e a cidade mantén sen alterar a súa estrutura medieval e máis de 660 edificios recoñecidos de especial interese arquitectónico ou histórico[2] incluíndo varios exemplos de casas con marcos de madeira dos séculos XV e XVI, o castelo de Shrewsbury, unha fortificación de arenita e a abadía de Shrewsbury, un antigo mosteiro bieito fundados en 1074 e 1083 respectivamente polo normandoRoger de Montgomery.[3]